Temos unha cota anual de 40€ e isto darache moitos dereitos:
- dereito a traballar arreo
- dereito a propoñer actividades ao resto do grupo
- dereito a encargarte ti de actividades que che apeteza facer
- dereito a coñecer outros apaixoados do románico
- dereito a protestar en compañía polo estado do noso patrimonio
- dereito a ser parte da directiva se queres e saes elixido/a...
mesmo dereito a ser un socio/a que só vai ás actividades que lle interesan, sen outro compromiso.
O único que tes que facer é mandar un correo a osorrisodedaniel@gmail.com que no asunto poña Quero asociarme e enviarémosche un formulario para que o cubras.
Se o románico che apaixoa, se o Medievo galego che atrae O Sorriso de Daniel é a túa asociación.
Queres ser un Sorriso? Escríbenos!
Sem comentários:
Publicar um comentário