Confesámolo. Este ano imos tarde. Pero chegou o día e está aquí o Almanaque Románico do ano 2023.
Románico aos catro ventos!!!
Quen nos había dicir que a implantación de enerxías renovables contra as que non podemos estar en contra se habían achegar ás nosas igrexas convertendo as contornas destas igrexas en grandes parques enerxéticos? Estamos a favor das enerxías renovables, pero non a favor do xeito desordenado co que se está formulando. O patrimonio precisa contornas de protección coidadas e non todo o territorio pode estar a dispór das empresas enerxéticas.
Por iso O Sorriso de Daniel forma parte da plataforma Eólica, Así Non!
Así, non. Así, non. Así, non.
Se queredes mercalo directamente nalgún establecemento por agora está disponible en:
VIGO: Libraría Cartabón (Urzaiz 125), Libraría Versus (Venezuela, 80), Libraría Librouro (Eduardo Iglesias 12).
SANTIAGO DE COMPOSTELA: Libraría Couceiro (Praza de Cervantes), Kiosko Ártico (Rúa do Vilar) e Xabronería Maraballa (Orfas).
OURENSE. Libraría Káthedra (Valle Inclán 14), Queixumes (Dr Fleming 14), Padre Feijoo (Padre Feijoo 4) e Platero (Ramon Cabanillas 11).
LUGO. La Voz de la Verdad (Bispo Aguirre 17)
BERTAMIRÁNS: Papelería Chavían (Avda da Maía)
E proximamente noutras localidades que tamén anunciaremos por aquí.
Se o queredes recibir na vosa casa tendes que dar os seguintes pasos:
1. Ingresar os cartos na conta ES79 2080 5221 2330 4000 5241.
2. Enviar un correo a almanaque.romanico.sorriso@gmail.com no que figure:
a) copia do ingreso.
b) Nome, enderezo, e teléfono de contacto do destinatario.
Prezo
: 10 euros un calendario e 8 euros máis por cada calendario a maiores
que pidades en cada envío. Se é para outros países decídenos a cal hai
que enviar para coñecer custos de envío.
Agradecemos que aqueles que tendes unha libraría próxima non o pidades por correo.
#QueSeVexaOPatrimonio
#EólicaAsíNON
Sem comentários:
Enviar um comentário