É de todos sabido que o vindeiro día 10 de decembro ás 11h os herdeiros de Franco deberán entregar as chaves de Meirás trala sentenza do xuízo sobre a súa titularidade que veñen de perder.
A xulgar polos
antecedentes é esperable que aínda teñamos que ver con certo desasosego de aquí
a alá os movementos dunha familia que se
resiste a abandonar a súa situación de privilexio.
En 2012 diriximos dende O Sorriso de Daniel unha carta a Carmen Franco pedindo que depositase as pezas dos dous profetas de
Mateo na Catedral de Santiago de Compostela. Poderían facelo agora os seus descendentes. As pezas son BIC, non poden ser
movidas sen coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio e a familia ten que
garantir que sexan visitables 4 días ao mes. Animámolos a que así o fagan. Damos
por suposto que a Dirección Xeral de
Patrimonio xa lle terá feito á familia as oportunas advertencias de cara a
posibles traslados. O reagrupamento do patrimonio Mateano é a noso ver unha
obriga coa que nos deberíamos comprometer todos. Ningún artista lle ten
dado a Galicia unha obra dunha dimensión máis universal que Mateo. Ninguén debe permitir que ese patrimonio teña outro emprazamento que non sexa Compostela.
Preocúpanos tanto
ou máis a situación na que quedan as pías románicas de Moraime e que foron
levadas a Meirás nos anos 60 por orde de Carmen Polo.
Como consta en
acta notarial do ano 1980 feita a instancias do párroco de Moraime estas pías
sairon da parroquia sen autorización.
Entendemos polo
tanto que as pías deben quedar inmovilizadas en Meirás como o restante contido
do Pazo ata que se poida determinar que bens mobles dos que hai dentro do Pazo son propiedade da familia Franco, cales
forman parte do conxunto de Meirás e cales foron froito de outros expolios
artísticos ou patrimoniais.
Non nos
fartaremos de darlle luz á acta notarial na que o cura de Moraime explica as
condicións nas que sairon as pías da súa parroquia.
Razóns máis que
fundadas obrígannos a pedir a súa devolución ao lugar de orixe.
Velaquí o contido
da acta notarial de D. José Barrientos Carnés (Cura Párroco de Moraime):
EXPONE:
I.
Que en la parroquia de San Julián de Moraime, había
dos pilones de granito, uno estriado destinado en otros tiempos a pila
bautismal, y el otro, liso, que fue destinado a contener agua bendita. Ambos estaban
dentro de la Iglesia, hasta el año mil novecientos cuarenta y cinco,
aproximadamente. Tienen un diámetro aproximado de un metro, y una altura de
poco menos de un metro.
II.
Estos pilones aparecen citados en un libro de
inventario de la parroquia señalada, de la siguiente forma:
En mil novecientos veinte, el diecisiete de Enero,
folio diecisiete del libro, donde dice: “Dos pilas de piedra a la entrada de la
Iglesia para tomar agua bendita”.
En el folio veintiuno de Febrero de mil novecientos
treinta y seis, donde dice: “Dos pilas de piedra a la entrada de la Iglesia,
para el agua bendita”.
Me exhibe el libro señalado, declarando que sus fechas
y contenido son ciertos.
III.
Más o menos en mil novecientos cuarenta y cinco, las
pilas fueron puestas en el patio de la Casa Rectoral, y sustituídas por otras
más modernas.
IV.
Alrededor de mil novecientos sesenta, doña Carmen Polo
de Franco, esposa del entonces Jefe del Estado, Visitó la parroquia de San
Julián de Moraime, y pidió las dos pilas descritas para llevarlas al Pazo de
Meirás, advirtiendo al párroco que obtuviera los correspondientes permisos.
Al día siguiente de la petición, apareció en la
parroquia, un camión, cuyos ocupantes manifestaron que venían por encargo de la
aludida señora para llevar las pilas, lo que así hicieron, no habiendo dejado
por tanto, tiempo para obtener los permisos; Don José Barrientos, permitió
entonces la actuación de los ocupantes del camión.
V.
D. José Barrientos, se puso en contacto,
inmediatamente, y por escrito, con el Arzobispado de Santiago, comunicando lo
sucedido.
Posteriormente, D. José Barrientos, fue llamado
por el entonces Vicario de la Diocesis, D. Benito Espiño Arceo, y después de
una conversación entre ambos, decidieron, a pesar de la oposición a la
concesión del permiso, si éste hubiera sido solicitado oportunamente, no
reclamar en aquél momento las pilas, dada la identidad de la persona que las
había tomado y su especial posición.
Pouco máis se pode engadir o xa dito polo Sr. Cura Párroco de Moraime.
Oxalá algún día estas pías volvan á igrexa para a que foron feitas.
Sem comentários:
Publicar um comentário