Parece unha condea ¿non si?
Os sorrisos estabamos hai un ano, un mes e un
día limpando a contorna da ábsida de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Parecíanos imposible que unha das
obras románicas máis importantes da Ribeira Sacra –tamén de Galicia- non se
puidese visitar.
O lío estaba servido dende había ben tempo:
por un lado o edificio da igrexa é da diócese de Ourense, pero o terreo que o
circunda non, e mesmo as pingueiras das súas tellas caen sobre terra que
non lles pertence. A leira da contorna é dende a época da desamortización dunha
familia que ten casa na aldea de Santo Estevo. Cando finalmente a empresa
estatal Paradores se fai cargo do edificio do mosteiro o concello de Nogueira
de Ramuín mércalle a esta familia a contorna máis inmediata –non a totalidade
da finca, que segue a se servir por un camiño compartido-. Unha vez mercada o concello cede o uso dos terreos a Paradores. Pasaron os anos e aquel espazo,
ao que o público non podía acceder porque unha cancela fechada impide o paso, foi
converténdose nun basureiro sen licencia, oculto debaixo dun capa de maleza. Unha parte de residuos das obras acometidas no Parador
acabaron nesa zona. Había plásticos, recipientes de materiais empregados na
restauración... Non faltaba de nada. E por riba a maleza que todo o cubre para que o esquecemento sexa aínda maior.
O estado da cuestión parecíanos indignante e
que no se puidese acceder a el, ademais de ser completamente ilegal, un feito
inexplicable. Para darlle solución tivemos conversas coa familia propietaria da
finca, co concello de Nogueira de Ramuín, con Paradores. As conversas desenvolvéronse cordialmente e tanto a familia
Taboada, como Paradores e o Concello deron o “Nihil obstat” á limpeza que
propoñíamos. E alá nos presentamos o 20 de abril de 2013 armados de
desbrozadoras, forcadas, fouciños, tesouras de podar...
O resultado 1650 litros de plásticos (dous
contenedores e medio dos grandes) e unha morea de maleza que non cabía en dous
remolques de tractor.
¿Qué fixemos dende ese
momento? Dende aquel día reunións, proxectos, conversas,
correos electrónicos e, para facer cumprir a lei de patrimonio, 4 días de agosto
abrindo a cancela e atendendo ao público que ata alí se quixo achegar.
Da apertura ao público definitiva separábannos menos de 1.700€ que é o que custa poñer unha alambrada con postes de madeira rodeando a zona visitable e os permisos da Dirección Xeral de Patrimonio. A familia, moi razonadamente, demandaba delimitar a zona visitable da súa finca, que ata o momento está pechada pola vella cerca de pedra do mosteiro. O Concello e Paradores anunciaron que estaban de acordo en facelo. Primeiro o aparellador do concello realizou un proxecto, que foi desbotado porque implicaba movemento de terras, despois outro menos “invasivo”.
Da apertura ao público definitiva separábannos menos de 1.700€ que é o que custa poñer unha alambrada con postes de madeira rodeando a zona visitable e os permisos da Dirección Xeral de Patrimonio. A familia, moi razonadamente, demandaba delimitar a zona visitable da súa finca, que ata o momento está pechada pola vella cerca de pedra do mosteiro. O Concello e Paradores anunciaron que estaban de acordo en facelo. Primeiro o aparellador do concello realizou un proxecto, que foi desbotado porque implicaba movemento de terras, despois outro menos “invasivo”.
A semana pasada unha nova xuntanza co alcalde
de Nogueira de Ramuín. Na orde do día os seguintes puntos.
Punto 1. A
Dirección Xeral de Patrimonio xa autorizou a colocación da alambrada.
Punto 2. Que pasen as eleccións europeas e á volta xa retomamos.
Punto 3. En xuño
comezarán as obras.
Se fumos quen de agardar séculos a esta
apertura non seremos nós os que nos queixemos agora por un ano, un mes e un
día.
Non nos queixamos, pero tampouco renunciamos
ao noso obxectivo: Que estean definitivamente abertas ao público as ábsidas de
Santo Estevo de Ribas de Sil. ¿Conseguirémolo?