Acabáronse os choros, voltaron as xeiras románicas.
Superado o inverno con máis cicloxéneses explosivas dende o nacemento de O Sorriso de Daniel poñemos rumbo ao Sul.
Cando é a IX Xeira?
Domingo, 18 de maio
A qué hora quedamos e onde?
Diante da igrexa de San Vicente de Barrantes ás 11.00h. Cada un levará o seu coche. Se alguén precisa sitio que avise que ao mellor temos maneira de acomodar xente.
Quén nos guiará?
Margarita Vázquez Corbal.
Xantaremos nun restaurante da Vila de Tui "A esgalla". Menú: Ensaladilla, xamón asadas con patacas, variado de postres.
Cómo me anoto?
Envía un correo a osorrisodedaniel@gmail.com con seguintes elementos
1. asunto: Inscripción IX Xeira
2. Persoas que asisten: nome, apelidos, correo electrónico e número de teléfono
Canto custa a inscripción?
20€ para non socios, 15€ para socios, menores de idade 15€ tamén (sexan socios ou non).
Cando é a data límite para se anotar?
A data límite para se anotar é o 15 de maio pero lembra que hai prazas limitadas e que no caso de se cubriren fecharase antes o periodo.
A onde iremos nesta IX Xeira Románica?
A diócese de Tui agarda por nós.
Imos facer un percorrido polos mosteiros da fronteira galaico-portuguesa, no Baixo Miño. Todos teñen en común que
pertenceron a diócese de Tui na época románica e compartiron riscos
estilísticos e o dominio do territorio do Baixo Miño.
A nosa primeira parada: San Vicenzo de Barrantes en Tomiño.
Que nos perdoen os de patrimoniogalego.org por roubarlles a foto.
Pero gustounos máis cas nosas.
A igrexa pertenceu a un antigo mosteiro benedictino -o de San Salvador de Barrantes- ao cal Alfonso VII confirmou o couto nun privilexio datado en 1138. O cambio de advocación
produciuse no século XVI ao se convertir en parroquial, pasando de ser de San Salvador a San Vicenzo. Unha vez alí poñeremos os ollos na ábsida, na capela maior e na portada norte.
A nosa segunda parada: Santa María de Tomiño.
É un exemplar
románico preservado prácticamente na súa totalidade que pertenceu a un antigo
mosteiro benedictino feminino. Garda grandes semellanzas en canto a estructura e decoración dos
elementos escultóricos coa igrexa de Santa Baia de Donas
(Gondomar, Pontevedra).
A nosa terceira parada: San Bartomeu de Rebordáns.
É un dos exemplares románicos máis importantes da zona xa que pese a ser unha igrexa monástica exerceu as funcións de sede catedralicia mentres non se remataban as obras da Catedral de Tui. Ten notables paralelos con San Martiño de Mondoñedo. No interior, os seus capiteis historiados nos que se aprecian ecos diversos, son dos máis relevantes que podemos encontrar tanto na provincia de Pontevedra como no románico galego.
A nosa cuarta parada: San Miguel de Pexegueiro.
Foi a igrexa dun
mosteiro benedictino. A sua orixe estaría nun primitivo mosteiro familiar que
aparece mencionado xa no século X nunha doazón do Obispo Sisnando. Durante o século
XII temos frecuentes referencias
documentais a este mosteiro.En 1246, neste mesmo mosteiro, San Telmo fixo a súa derradeira predicación.A igrexa hoxe conservada data da segunda metade do século
XII. Os restos románicos localizánse nas súas fachadas, a mais destacada a
occidental onde podemos apreciar un dos tímpanos mais enigmáticos do noso románico.
No interior, paga a pena ver a súa pía bautismal románica,
con unha figuración sen precedentes na área.
É un dos exemplares románicos máis importantes da zona xa que pese a ser unha igrexa monástica exerceu as funcións de sede catedralicia mentres non se remataban as obras da Catedral de Tui. Ten notables paralelos con San Martiño de Mondoñedo. No interior, os seus capiteis historiados nos que se aprecian ecos diversos, son dos máis relevantes que podemos encontrar tanto na provincia de Pontevedra como no románico galego.
A nosa cuarta parada: San Miguel de Pexegueiro.
A nosa quinta parada: San Salvador de Ganfei (Valença do Minho).
A igrexa do antigo mosteiro benedictino de Ganfei, é un dos exemplares máis
abraiantes do románico de Portugal. Pese ás reformas do século XVIII aínda
conserva boa parte da obra románica no seu interior ademáis de alguns restos
das dependencias conventuais. Nel fanse patentes as estreitas relacións con a
sede tudense.
A nosa sexta parada: San Fins de Fiestras (Valença do Minho).
Outra das xoias
dos mosteiros portugueses de fronteira, é Sanfins de Fiestras. Conservamos a
igrexa románica hoxe desacralizada así como parte das dependencias conventuais. Foille dado o couto en 1134
por Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal. A fachada occidental presenta
un elemento apotropaico: a serpe
que veremos repetida noutros monumentos románicos portugueses. No interior, un
espazo románico puro sen adicións, excelentemente conservado.