Pois iso: era 22 de xaneiro, estabamos en Compostela e sen embargo o día era maravillosamente azul.
Os 25 inscritos do Grupo A citámonos na Praza do Obradoiro. Os 25 inscritos do Grupo B citámonos en Bonaval. As mesmas paradas para todos, os mesmos guías en cada sitio pero partindo cada un dun punto diferente da cidade.
Na cripta recibiunos Marga Vázquez Corbal. Sentímonos coma na casa con quen foi unha das fundadoras d´O Sorriso de Daniel.
Quixeramos fundila a preguntas: Cales son as obras que se van acometer no Pórtico? Cando se van facer? Xa non vai haber máis andamios practicables? Cando volveremos ver o pórtico da Gloria outra vez? Solucionarase o problema das filtracións de auga?
Quixeramos... mais non o fixemos. Fumos discretos. Por estar onde estabamos.
[Margarita Vázquez Corbal durante a explicación sobre o Pórtico da Gloria a un dos grupos]
Repousabamos tanta fermosura paseando polo claustro ao sol mentres nos preguntamos se por aqueles corredores volvería algunha vez o Códice Calixtino.
[Asistentes da IV Xeira Románica pasean pola ala norte do Claustro en dirección á porta do Tesouro]
[Asistentes da IV Xeira Románica ante algunhas pezas na igrexa de Bonaval]
[O grupo na Algalia de Abaixo]
[Patio entre as dúas Algalias ao que se accede dende a de Abaixo]
Ou que ao pé dunha oliveira pisamos pedras onde o sábado era día de gardar. Foi momento para grandes saltos temporais e falamos de Bonet Correa e da Xoiería Noroeste que chegou a Compostela procedente de Puerta de Toledo en Madrid e houbo unha lembranza para o bo facer de Marián que merecía ter lugar de honra no gremio dos orfebres composteláns.
[Na Rúa de Xerusalem]
E rematamos onde tiña que rematar unha asociación coma a nosa unha visita a Compostela: diante da fachada de Praterías.
[Ante a Fachada Sur da Catedral tamén chamada de Praterías]
"O profeta Daniel está a sorrir, e faino quizais porque é mozo coma vós. Na Biblia preséntase, ademais, como avogado da xente nova..."
E remata con estas non menos acaídas palabras e que nós subscribimos:
"A extraordinaria sensibilidade, intelixencia e paixón polo coñecemento conduciron a Serafín Moralejo Álvarez ás máis altas cotas da carreira académica (Catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago e Zóbel de Ayala Profesor da Universidade de Harvard), mais tamén espertaron nel unha xenerosa necesidade de compartir os seus achados e inquedanzas, xenerosidade da que este texto constitúe un inapreciable testemuño".
Cando aínda non pasaron 6 meses do pasamento do gran Mestre Moralejo algúns ex-alumnos presentes na IV Xeira lembraron con emoción as súas clases.
[Portada de O Pórtico da Gloria de Serafín Moralejo Álvarez. Edición da Fundación Pedro Barrié de la Maza coa que fumos agasallados]
[Portada do Catálogo dunha das importantes exposicións coas que a Catedral de Santiago de Compostela celebrou o seu 800 aniversario.
Domus Iacobi. A Historia da Catedral de Santiago comisariada por Ramón Yzquierdo Peiró]
E co libro na man volvemos ver as figuras de Isaac e Abraham que, procedentes da fachada occidental da Catedral, están en poder da familia Franco no Pazo de Meirás. E sentimos que algo non vai ben na custodia do Patrimonio neste país.Domus Iacobi. A Historia da Catedral de Santiago comisariada por Ramón Yzquierdo Peiró]
GRAZAS a todas e todos os que participastes, aos que quixestes anotarvos e xa non quedaban prazas, a Radio Voz e á Radio Galega que nos abriron os seus micrófonos e a cantos nos axudaron para que a IV Xeira Románica sirva cando menos para mellorar a V Xeira Románica.
E tal como nos despedimos en Praterías despedimos tamén esta crónica: Ata Lugo!