Visitamos esta vez os restos de Casteláns en Mondariz-Balneario, A Franqueira, Fiaes e Paderne en Melgaço e... San Paio de Albeos.
Foi o horror que contemplamos en Albeos o que motivou esta carta que enviamos á Dirección Xeral de Patrimonio:
A
Asociación O Sorriso de Daniel,
Expón:
Que
esta asociación ten entre os seus obxectivos fundacionais
A) Promover, defender, estimular e apoiar a conservación do Patrimonio Medieval
Galego
B) A difusión exterior e dentro do territorio da Autonomía galega deste
patrimonio e, dun xeito moi sinalado todas as manifestacións da arte románica:
arquitectura, escultura, pintura, artes suntuarias…
C) O fomento do seu estudo e coñecemento.
D) A transmisión do seu valor ás xeracións vindeiras.
Que
unha das actividades que desenvolvemos con tal fin é a realización de Xeiras
nas que visitamos edificios románicos, acompañados sempre de guías, que á vez
son estudiosos de diferentes aspectos dos edificios visitados.
Que
o pasado domingo 10 de xuño visitamos entre outros edificios as ruínas de San
Paio de Albeos no Concello de Crecente.
Que
as mais de 60 persoas que alí estabamos observamos con total desolación o
abandono extremo no que caeu ese edificio.
Polo
que solicitamos:
Que
os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio fagan unha inspección ao edificio
para valorar en primeiro lugar se o grao de protección actual é o adecuado ou
se unha modificación neste podería contribuir a mellor protexelo.
Que
esta visita se faga co obxectivo de valorar se é posible unha intervención da
Dirección Xeral de Patrimonio encamiñada a que o propietario, cos seus propios
medios ou co apoio institucional que se determine, realice as intervencións que
os técnicos recomenden para salvar os restos da súa desaparición absoluta.
Asdo.- Xunta Directiva de O Sorriso de Daniel
Á
atención de D. José Manuel Rey Pichel.
Dirección
Xeral de Patrimonio. Xunta de Galicia.
Hoxe 12 de xuño entrou no Rexistro da Xunta de Galicia agardando que algún día se lle poña remedio a esta situación que parece imposible de frear.
O desastre está á venda por 300.000€ como se pode comprobar nalgunha páxina web
http://www.joyasinmobiliarias.es/detalle.asp?id_inmueble=117
Para saber máis de Albeos recomendamos entrar en
http://usc-es.academia.edu/MargaritaVazquezCorbal/Papers/349356/Los_vestigios_del_monasterio_de_Albeos_Notas_para_la_actualizacion_de_un_monumento_romanico_en_estado_de_abandono
O De-Ambulatorio Románico d´O Sorriso de Daniel
quere ser unha voz que alerta,
unha man que axuda,
un corazón que alenta.