ASÓCIATE!

Se queres asociarte a O SORRISO DE DANIEL estamos agardándote cos brazos abertos!

Temos unha cota anual de 40€ e isto darache moitos dereitos:

dereito a traballar arreo
dereito a propoñer actividades ao resto do grupo
dereito a encargarte ti de actividades que che apeteza facer
dereito a coñecer outros apaixoados do románico
dereito a protestar en compañía polo estado do noso patrimonio
dereito a ser parte da directiva se queres e saes elixido/a...

mesmo dereito a ser un socio/a que só vai ás actividades que lle interesan, sen outro compromiso.

O único que tes que facer é mandar un correo a osorrisodedaniel@gmail.com que no asunto poña Quero asociarme e enviarémosche un formulario para que o cubras.

Se o románico che apaixoa, se o Medievo galego che atrae O Sorriso de Daniel é a túa asociación.

Queres ser un Sorriso? Escríbenos!

Sem comentários:

Enviar um comentário