domingo, 8 de novembro de 2020

Ante a entrega do Pazo de Meirás

É de todos sabido que o vindeiro día 10 de decembro ás 11h os herdeiros de Franco deberán entregar as chaves de Meirás trala sentenza do xuízo sobre a súa titularidade que veñen de perder.

A xulgar polos antecedentes é esperable que aínda teñamos que ver con certo desasosego de aquí a alá os  movementos dunha familia que se resiste a abandonar a súa situación de privilexio.

En 2012 diriximos dende O Sorriso de Daniel unha carta a Carmen Franco pedindo que depositase as pezas dos dous profetas de Mateo na Catedral de Santiago de Compostela. Poderían facelo agora os seus  descendentes. As pezas son BIC,   non poden ser movidas sen coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio e a familia ten que garantir que sexan visitables 4 días ao mes. Animámolos a que así o fagan. Damos por suposto que a Dirección  Xeral de Patrimonio xa lle terá feito á familia as oportunas advertencias de cara a posibles traslados. O reagrupamento do patrimonio Mateano é a noso ver unha obriga coa que nos deberíamos comprometer todos. Ningún artista lle ten dado a Galicia unha obra  dunha dimensión máis universal que Mateo. Ninguén debe permitir que ese patrimonio teña outro  emprazamento que non sexa Compostela.  

Preocúpanos tanto ou máis a situación na que quedan as pías románicas de Moraime e que foron levadas a Meirás nos anos 60 por orde de Carmen Polo.

Como consta en acta notarial do ano 1980 feita a instancias do párroco de Moraime estas pías sairon da parroquia sen autorización.

Entendemos polo tanto que as pías deben quedar inmovilizadas en Meirás como o restante contido do Pazo ata que se poida determinar que bens mobles  dos que  hai dentro do Pazo son propiedade da familia Franco, cales forman parte do conxunto de Meirás e cales foron froito de outros expolios artísticos ou patrimoniais.

Non nos fartaremos de darlle luz á acta notarial na que o cura de Moraime explica as condicións nas que sairon as pías da súa parroquia.

Razóns máis que fundadas obrígannos a pedir a súa devolución ao lugar de orixe.

Velaquí o contido da acta notarial de D.  José Barrientos  Carnés  (Cura Párroco de Moraime):

EXPONE:

I.                    Que en la parroquia de San Julián de Moraime, había dos pilones de granito, uno estriado destinado en otros tiempos a pila bautismal, y el otro, liso, que fue destinado a contener agua bendita. Ambos estaban dentro de la Iglesia, hasta el año mil novecientos cuarenta y cinco, aproximadamente. Tienen un diámetro aproximado de un metro, y una altura de poco menos de un metro.


II.                  Estos pilones aparecen citados en un libro de inventario de la parroquia señalada, de la siguiente forma:

En mil novecientos veinte, el diecisiete de Enero, folio diecisiete del libro, donde dice: “Dos pilas de piedra a la entrada de la Iglesia para tomar agua bendita”.

En el folio veintiuno de Febrero de mil novecientos treinta y seis, donde dice: “Dos pilas de piedra a la entrada de la Iglesia, para el agua bendita”.

Me exhibe el libro señalado, declarando que sus fechas y contenido son ciertos.


III.                Más o menos en mil novecientos cuarenta y cinco, las pilas fueron puestas en el patio de la Casa Rectoral, y sustituídas por otras más modernas.


IV.                Alrededor de mil novecientos sesenta, doña Carmen Polo de Franco, esposa del entonces Jefe del Estado, Visitó la parroquia de San Julián de Moraime, y pidió las dos pilas descritas para llevarlas al Pazo de Meirás, advirtiendo al párroco que obtuviera los correspondientes permisos.

Al día siguiente de la petición, apareció en la parroquia, un camión, cuyos ocupantes manifestaron que venían por encargo de la aludida señora para llevar las pilas, lo que así hicieron, no habiendo dejado por tanto, tiempo para obtener los permisos; Don José Barrientos, permitió entonces la actuación de los ocupantes del camión.


V.                  D. José Barrientos, se puso en contacto, inmediatamente, y por escrito, con el Arzobispado de Santiago, comunicando lo sucedido.

Posteriormente, D.  José Barrientos, fue llamado por el entonces Vicario de la Diocesis, D. Benito Espiño Arceo, y después de una conversación entre ambos, decidieron, a pesar de la oposición a la concesión del permiso, si éste hubiera sido solicitado oportunamente, no reclamar en aquél momento las pilas, dada la identidad de la persona que las había tomado y su especial posición.







Pouco máis se pode engadir o xa dito polo Sr.  Cura Párroco de Moraime.

Oxalá algún día estas pías volvan á igrexa para a que foron feitas.