domingo, 13 de janeiro de 2019

Xeira polo románico esquecido da Ribeira Sacra




Igrexas que chaman por nós. Domingo 20 de xaneiro, corre, corre!


O 31 de decembro no DOG publicouse a declaración BIC da Ribeira Sacra.
Máis de 50 igrexas románicas quedaron excluídas desa declaración.
Imos sobrados!

O Sorriso de Daniel, como acto de desagravio publicou neste ano un calendario.
As fotos de Sole Felloza aloumiñan algunhas desas igrexas dende as súas páxinas.
Convocamos agora unha xeira para visitar algunhas (xa nos gustaría velas todas). 
Porque na Ribeira Sacra, a espiritualidade tece a historia, a paisaxe natural e cultural.

Porque non hai Románico maior nin menor, temos unha cita o domingo 20 de xaneiro.


Programa

11.00 Igrexa de San Xillao de Lobios (Sober), https://goo.gl/maps/nREfq5rMvGm  .
Visita comentada e presentación do calendario.



13.00 Igrexa de San Vicenzo de Pinol https://goo.gl/maps/LwTfSfhYMr62
Visita comentada


14.00 Xantar. Bodegón Ribeira Sacra (Rúa Malvarón, 75, 27400 Monforte de Lemos, Lugo) https://goo.gl/maps/yfU6vyTTSXv


16.30 Ruínas de San Pedro de Cela e, se todo sae ben, algunha outra sorpresa máis que estamos xestinando.

Visita comentada por Carola Casal.


Que tes que facer para te anotar?
Para anotarse, cada asistente (un por persoa) debe completar este formulario de inscrición: https://goo.gl/forms/OIgV5x7TV3Wmh4Ru1


Pagaranse 25 € in situ.
O prezo inclúe: xestión de acceso ás igrexas, visita comentada, xantar e un calendario por asistente.


E xa sabedes.... que as prazas voan!