sábado, 21 de dezembro de 2019

Un calendario que é un sorriso para a Costa Morte

Xa está aquí o calendario da Costa da Morte! Xa chegou!
Coma sempre coas magníficas fotos de Sole Felloza son o mellor dun almanaque que é xa unha tradición.


Algunhas delas con ese granito rosa que parece vir directamente do Monte Pindo e que non deixará nunca de ser sagrado.
Crismóns que son as sagradas escrituras feitas pedra viva. O Alfa e o Omega da vida.


Non faltan coma sempre as portas, as xanelas, a fauna dos seus capiteis ou canzorros.

Hai ceas nas que faltan moitos convidados, figuras con estraños sombreiros, portas que miran cara o fin do mundo, igrexas que case mollan os pés no mar máis bravo.

E coma sempre o santoral máis galego, as lúas, os nomes de todos os lugares da parroquia.

E todo isto mentres as obras avanzaban en Moraime. A grande igrexa deste territorio.

E de agasallo, a maiores, tamén reproducimos a acta notarial na que o Cura de Moraime deixa constancia de como Carmen Polo levou as pías bautismais para o Pazo de Meirás.

Se o queredes recibir na vosa casa tendes que dar os seguintes pasos:
1. Ingresar os cartos na conta ES79 2080 5221 2330 4000 5241.
2. Enviar un correo a almanaque.romanico.sorriso@gmail.com no que figure:
a) copia do ingreso.
b) Nome, enderezo e teléfono de contacto do destinatario

Prezo: 12 Euros un calendario e 6 euros máis por cada calendario a maiores que pidades en cada envío.

#QueSeVexaOPatrimonio
#VivaORománicoDaCostaDaMorte

E se preferides mercalo directamente coma sempre podedes mercalo en:
Santiago de Compostela no Quiosco Ártico da Rúa do Vilar, na xabronería Maravalla da Rúa das Orfas
Vigo  en  "Versus" Librería, na rúa Venezuela, 80, Libraría "Cartabón", na rúa Urzaiz, 125, Librería "Libro's", na rúa San Salvador, 2
e nos vindeiros días iremos dicindo novos puntos de venda.