sexta-feira, 22 de dezembro de 2017

O calendario románico 2018 fainos sorrir

Un calendario é cousa de moita utilidade. Todo o mundo ten un na súa casa. Pero que ventaxas ten o calendario románico de O Sorriso de Daniel?



Coñecedes outro calendario onde ver a festividade dos santos e mártires galegos?


Coñecedes outro calendario onde mirar cando cae este ano a Ofrenda do Antigo Reino de Galiza?


Coñecedes outro calendario onde saber cando son as Pascuiñas da Fraqueira?


Coñecedes outro calendario onde informarse de cando se conmemoran as Dedicacións das catedrais Galegas?



Coñecedes outro calendario onde xunto a cada foto figuren as coordenadas, os nomes dos lugares da parroquia e un texto dun autor coñecido sobre esa igrexa?


E sobre todo coñecedes outro calendario que teña unhas fotazas como estas que fai Sole Felloza?


Quedar sen el polos 6 euros que custa é unha mágoa!


Onde o podedes mercar?

En Vigo:
- Andel Librería, na rúa Camelias 102
- Lafer Librería Papelería, na rúa Urzáiz 184, local 4 (Galerías Calvario)
- Librería Libro's, na rúa San Salvador 2
- Librería Cartabón, na rúa Urzáiz 125
- Versus Librería, na rúa Venezuela 80
- Librouro Librería, na rúa Eduardo Iglesias 12


Na Coruña:
-Librería Lume. Fernando Macías 3
-Librería Arenas. Cantón Pequeno 25
-Librería Berbiriana. Santiago 7
En Santiago de Compostela

En Santiago de Compostela:
-Libraría Couceiro. Praza de Cervantes 6
-Kiosko Ártico. Rúa do Vilar 49
-Xabronería Maravalla. Rúa das Orfas 24

En Lugo:
-Librería La Voz de la Verdad. Bispo Aguirre 17.
-Librería Trama. Avda da Coruña 21
-Librería Biblos. Salvador de Madariaga 1.

En Ourense:
-Librería Platero. Ramón Cabanillas 11
-Librería Kathedra. Valle Inclán 14
-Queixumes. Dr. Fleming 16
-Librería Padre Feijoo. Padre Feijoo 4


En Monforte de Lemos:
-Librería Agrasar
-Centro do Viño

En San Clodio de Ribas de Sil:
-Bar Central

En Chantada:
-Na librería Central

En Sober:
Na oficina de Turismo.
 
E se chegades e están esgotados avisádenos que os repoñemos!

E se vivo fóra de Galicia? pois escríbenos un mail a osorrisodedaniel@gmail.com e enviámoscho que somos moi riquiños!

sexta-feira, 10 de novembro de 2017

XEIRA ROMÁNICA POR GUNTÍN E LUGO

O domingo 19 de novembro temos unha xeira románica pola bisbarra de Lugo.

O programa da xeira non podía ser máis interesante:

9.30h. Santa María de Ferreira de Pallares (Guntín).
Cediño para aproveitar a luz visitaremos unha das igrexas máis monumentais da comarca luguesa.


11.30h. Mosteiro de Guntín.
De Ferreira pasaremos a Mosteiro, unha xoia escondida e pouco coñecida chea de pequenos segredos.


13.30h. Santa Cruz da Retorta.
En Santa Cruz da Retorta descubriremos como de fondas son as raíces do noso románico.

O xantar farémolo na Cruz da Veiga
16.30h Museo diocesano da Catedral de Lugo
E pola tarde teremos o privilexio de coñecer o anovado museo diocesano da man dunha das súas principais impulsoras porque toda a visita estará guiada por Carola Casal. Xa sabedes... o museo diocesano de Lugo é ese sitio onde ollar de fronte o crismón de Quiroga ou emocionarse coa inxenuidade dunha virxe montañesa.

Como sempre... as prazas son limitadas e é preciso anotarse canto antes.

Para a inscripción tendes que enviar un correo electrónico a osorrisodedaniel@gmail.com con asunto:
Xeira Guntín. No correo debedes dar o nome completo das persoas que queredes asistir, deixar un teléfono de contacto e decirnos que segundo prato do menú queredes (pescada ou carne de tenreira estofada). Tamén se tendes algunha alerxia alimentaria que debamos ter en conta e coma sempre podedes dicirnos de onde saídes e se estaríades dispostos a compartir coche dende o lugar de partida)

O custo da actividade é de 25 euros por persoa e inclúe o xantar e mais a entrada no museo diocesano.
anotádevos canto antes!!!! as prazas voan!

E se esta actividade no vos convence lembrade que na mesma semana hai moitas asociacións da Rede do Patrimonio facendo cousas para celebrar o Día do Patrimonio
+ INFO www.redepatrimonio.gal
https://www.facebook.com/rededopatrimoniocultural/

terça-feira, 6 de junho de 2017

Xeira románica por Cenlle este domingo 11 de xuño

O vindeiro domingo 11 de xuño iremos a Cenlle a ver románico!!!!!

Tiñamos fame dese románico humilde, fermoso, misterioso, descoñecido e Clodio González vainos levar a coñecer as igrexiñas do seu Cenlle natal.

Recoñezámolo... se non fosemos da súa man quen podería imaxinar que pisariamos San Miguel do Osmo, Santa Baia de Laias, Santa Mariña de Esposende, Santiago de Trasariz, Santa María de Razamonde ou San Xoán de Sadurnín?

Aí se agocha o románico dos nosos corazóns, ese románico humilde que non sairá nos documentais de Canal Arte pero que nós imos ter o privilexio de coñecer.




Qué nos ofrece Cenlle preguntámoslle a Clodio e dixo el: viñedos, igrexas, capelas, cruceiros, pazos, construcións tradicionais e extraordinarias vistas panorámicas dos vales do Miño e do Avia. Que Clodio non nos agochará ningunha pequena xoia do seu Cenlle  non nos cabe dúbida.


Quedamos para vernos ás 10.30h na praza da Tenencia de Cenlle. O xantar farémolo no restaurante do Balneario de Laias -en modalide buffet libre- e que ninguén quede nada casa coa excusa de que non sabe onde está Cenlle, por onde se vai ou por onde se vén. Tamén Clodio pensou niso e fíxonos este mapa de aproximación.
E que hai que facer para asistir?
Enviar un correo a osorrisodedaniel@gmail.com antes do venres ao mediodía dicindo o número de persoas que asistirán, os nomes de cada asistente e se non vos molesta compartir coche dende onde vides porque se podemos trataremos de xuntar xente en coches para que non pensen en Cenlle que somos unha concentración automovilística senón un grupo de amigos namorados do seu patrimonio.
O prezo da xeira -incluíndo o xantar no balneario de Laias- é de 18 euros.
Vémonos en Cenlle, Sorrisos!
E se alguén pregunta quen é Clodio... Clodio é o cronista oficial de Cenlle e moito máis. Tanto que desborda a wikipedia coa súa obra! https://gl.wikipedia.org/wiki/Clodio_González_Pérez

quarta-feira, 4 de janeiro de 2017

Un sorriso para cada día do ano. Almanaque 2017

Un ano máis Sole Felloza colleu a cámara e percorreu os camiños da Ribeira Sacra. Pensando en quen? Pensando en ti.

Pensando en traerche 14 imaxes que che levanten un sorriso.

Este ano Sole andou as estradas dos concellos de Portomarín e Paradela, na beira norte da Ribeira Sacra.

 E non contenta con velo románico a pé tamén o quixo ver dende o aire e levou un dron.

E onde se pode mercar?
En Santiago de Compostela no Kiosko Ártica da Rúa do Vilar, na libraría Couceiro da Praza de Cervantes, na xabonería Maravalla da rúa das Orfas.
Na Coruña na Libraría Couceiro da Praza do Libro.
En Vigo na Libraría Libro's, na rúa San Salvador nº2, na Libraría Lafer, nas galerías da rúa Urzáiz nº184, na Libraría Cartabón, na rúa Urzáiz nº125, na Libraría Andel, na rúa Camelias nº102, na Libraría Librouro, na rúa Eduardo Iglesias nº12, na Libraría Versus, na rúa Venezuela nº80
En Ourense  na librería Queixumes, na libraría Platero e na Libraría Padre Feijóo.
En Chantada na Libraría Central.
En Monforte de Lemos na Libraría Agrasar e no Centro do viño.
En Lugo en La voz de la verdad, Biblos e Trama.

Para os que vivides fóra de Galicia xa sabedes que volos enviamos por correo alí onde estes.  Solicitádeo escribindo a osorrisodedaniel@gmail.com