segunda-feira, 8 de fevereiro de 2016

Xeira dos namorados do románico

O vindeiro 14 de febreiro temos unha cita románica e apaixoada. Nin Venezia, nin París, nin unha cea romántica: unha xeira polas terras de Melón e Carballeda de Avia.

A cousa vai así. Só tendes que erguervos superrománicos e supernamorados do noso patrimonio.
Ás 11h quedamos diante do mosteiro de Melón (Ourense). Xa sabedes, se queredes tomar un café, teredes que tomalo ás 10.45h.

Pasaremos a mañá descubrindo a súa historia, a súa arquitectura, os problemas que presenta a súa conservación.
Xantaremos ás 13.30h en Quins no restaurante O Casal e sairemos correndo cara Carballeda de Avia para ver o Santuario de Lodairo.
De alí a Abelenda das Penas
E se somos bos e boas e non demoramos máis do necesario nin nos perdemos polas corredoiras e aínda chegaremos a tempo de visitar tamén Muimenta.
Prezo: 20€ persoa.
Data límite para se anotar: xoves 11 de febreiro.
Prazas limitadas (o local do xantar ten moi limitado o aforo). Por rigoroso orde de aviso.
Para anotarse cómpre mandar un correo a osorrisodedaniel@gmail.com cos nomes completos, tfnos e lugar de procedencia dos participantes.

Hoxe é luns, mañá é martes
cuarta feira logo vén,
moito me tarda o domingo
por ver a quen quero ben.


4 comentários:

  1. Moito interesante ese percorrido, por outra parte tan pouco coñecido do grande público turístico- No bo tempo poderíase repetir, aínda visitar os restos das neveiras do mosteiro na zona de Tourón.
    Recibo a información do amigo Manuel Carballo Iglesias, que sempre que pode vai encantado.

    ResponderEliminar
  2. Rosa Pascual me halo de vuestras asociación y me gustaría que me informarais de las actividades que vayais organizando. Saludos cordiales

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gonzalo, se queres envianos o teu correo electrónico a osorrisodedaniel@gmail.com e xa te incorporamos ao listado de namorados do románico ;-)

      Eliminar