Estimado Sr Conselleiro:
O 26 de xuño ducias de parroquias que en Galicia están
baixo a advocación do neno mártir de Albeos (Crecente) celebran a súa festa
grande.
En San Paio de Abeleda (Castro Caldelas) esa festa non se
pode celebrar. Hai máis de corenta anos que a parroquia foi clausurada e a súa
igrexa, un magnífico exemplar do románico da Ribeira Sacra ameaza ruína, xa
desteitada e cos muros desprotexidos. Seguramente nalgún caixón da súa
consellería haxa unha carpeta que garde as nosas queixas e as dos seus veciños sobre
esta lamentable situación.
Para nós o 26 de xuño segue a ser un día para facer festa
en San Paio de Abeleda e é por iso que lle enviamos unha botella dun famoso
viño –fíxoo famoso o Presidente Obama cando o escolleu para facer un brinde
recentemente- que se cría nos socalcos do val da Abeleda. Na etiqueta poderá
ver a imaxe do mosteiro, moito máis amable que a contemplación das súas ruinas.
Esta semana comunicounos a súa secretaria que posiblemente
puideramos entrevistarnos con vostede proximamente, á espera desa entrevista
enviámoslle este agasallo para que o 26 de xuño tamén vostede poida dicir
ARRIBA SAN PAIO DE ABELEDA!
Un cordial saúdo
A Xunta Directiva de O Sorriso de Daniel