sábado, 5 de dezembro de 2015

Xeira do Románico de Chantada e Taboada

Estás convidado, estás convidada

Cando?
O vindeiro domingo 13 de decembro ás 10.30h sairemos de diante do Restaurante Mogay de Chantada. Ollo sairemos ás 10.30h, co cal se queres tomar un café ven con tempo....

Qué visitaremos?

Santa María de Pesqueiras, entre castiñeiros e vides que baixan caro o Miño e co seu interior de pinturas renacentistas.

San Salvador de Asma, cos seus restos prerromanicos, a súa ábsida románica, o seu interior sorprendente e aquelas cousas incógnitas que te sorprenderán...


Santa María de Castelo, coa súa árbore de Xesé, cos seus capiteis e co seu arco toral, as súas pías bautismais...


Qué faremos ademais de visitar as igrexas?
 En Pesqueiras presentaremos o Almanaque Románico do 2016 unha magnífica oportunidade para mercar os exemplares que queirades para agasallalos no nadal, para traficar con eles na revenda..

En San Salvador de Asma coñeceremos por parte dos promotores a proposta de declaración de BIC do edificio.

E en Santa María de Castelo recordaremos a figura de D. Xaime Delgado a quen tanto lle debemos polo estudos do románico que deixou e sobre todo polo coidado que puxo en conservar tantos e tantos edificios románicos.

E canto me custará?
20€ que inclúen o xantar no Restaurante Os Pendellos e mais un exemplar do calendario románico.

E como fago para me anotar?
Escribe canto antes un correo a osorrisodedaniel@gmail.com cos nomes das persoas que veñades e deixando ademais un teléfono de contacto. Faino axiña porque o número de asistentes é limitado.

Ata o domingo 13 de decembro!

1 comentário:

  1. OLA MEUS AMGOS!
    SI ESTUVERA VIVENDO EN MORGADANS (GONDOMAR) SERÍA UN VOS QUE ESTARÍA CON VOS1
    ¡PERO!....DENDE A PATAGAONIA -SUL, ONDE TEMOS BOTADOO CON NOSOS HOSOS...¿QUE VOS PARÉS?...¡PARABENS E APERTAS PRA CADA UN DE VOS!

    ResponderEliminar