segunda-feira, 17 de novembro de 2014

Pola mañá paseamos o outono do Val da Abeleda. Pola tarde estrea de cine!

Non haberá alfombra vermella pero haberá estrea!
Iria Puga e o seu equipo remataron o documental A Memoria de Abeleda que estaban a facer e presentarano no Castelo de Castro Caldelas o vindeiro domingo 23 de novembro ás 17h.
Estades todos convidados e convidadas!
Iria Puga foi a súa directora e guionista e dela é tamén a postprodución.
Xes García fixo a producción.
A Música orixinal de Xaime Blanco foi interpretada por Xaime Blanco, Xaime Blanco Puga, Marta Blanco, Concha Puga, Fernando Estévez e Joel Salgado.
A imaxe é de Xavier Gómez, o Son de Gonzalo Pinheiro,
Os grafismos son de Carolina Lorenzo, o modelado 3D de Fátima Nieves e o render 3D de Jorge Bouza.
O asesoramente histórico e artístico de Marga Vázquez e Óscar G. Murado.
A voz en Off púxoa Chema Gagino.
E por suposto, deron testemuña o Sr Eduardo, Maite, a Sra Victoria, a Sra Blandina, Manuel Enríguez, Juan Luis Osorio, Luís do Couto, Manuel Rolán, José Manuel García...
Ah, e Xan García foi o meritorio de Gravación, que non se nos esqueza o mellor do equipo.

E O Sorriso de Daniel qué fixo? Nós, simplemente, pasabamos por alí.

A estrea non será o mesmo se ti non estás. Ven e verás!

E co noso tradicional costume de "pasar por alí" propoñémosvos unha actividade para a mañá dese domingo de outono.
Sairemos ás 11h da mañá de diante do mosteiro para facer unha andaina polo Couto do mosteiro de San Paio, veremos as adegas, o pozo do tolo, os muiños do mosteiro, a capela de Soutelo, o Pazo do Couto, a igrexa de Santa Tegra, a ponte medieval de Lumeares e a fervenza de Cachón e todo no medio dun bosque cheo de cores outonizas.

Non hai mellor tempo para ver o Val de Abeleda que o outono.

Apúntate escribindo a osorrisodedaniel@gmail.com.
Asunto do mail: xeira 23 de novembro.
Datos: nome das persoas que asistirán, tfno. de contacto, mail de contacto.

Nota: para asistir á estrea do documental A memoria da Abeleda non fai falla anotarse.



Sem comentários:

Enviar um comentário