quarta-feira, 19 de junho de 2013

SUAMOS! Crónica das Xornadas de Limpeza en San Paio de Abeleda.

Cando o sábado 15 de xuño chegamos a San Paio de Abeleda o remolque do tractor xa estaba alí.
Deixárano os traballadores do Concello para que nel vertésemos os cascallos da igrexa. Agardando a que o enchésemos coa suor da nosa fronte e abofé que suamos!
Suamos cando vimos que a herba da zona de acceso ao vello mosteiro en moitas sitios alcanzaba 1.20m e que, de tan grande, se ensarillaba na desbrozadora.


E suamos coa desbrozadora ao lombo, cos enciños e coas forcadas carrexando a herba para unha morea.


Suamos cando vimos que no patio da entrada tamén a herba se apoderara da eira empedrada.


E suamos para deixar acceso a través del ás distintas dependencias.


Suamos cando vimos que o adro da igrexa, usado antes como cemiterio, se convertera nunha selva.


E suamos para que hoxe sexa transitable.


en todas as súas zonas!  


Suamos cando vimos cómo as hedras se apoderaban das paredes exteriores

E suamos para deixar limpas esas paredes


Suamos cando vimos o complicado que era pasar da porta para dentro


E suamos para deixar a nave ben limpa


suamos pero conseguímolo!



Suamos cando vimos que as escaleiras de subida á tribuna nin se vían


E suamos para deixalas expeditas


Houbo tempo para máis? Que llo pregunten a quen coas luvas nas mans, pincel en ristre e subida nun andamio lle sacou as teas de araña aos capiteis...


Compensacións? Moitas!

  • Os sorrisos de cantos participaron nestas xornadas. Os Sorrisos dos que saen nas fotos e tamén dos que non saen. 
  • Os sorrisos dos que espallaron a nova na prensa, nas redes, polos seus correos.
  • Os sorrisos dos que presenciaron a "milagreira" devolución da columna que faltaba do pórtico, permitindo que despois de varios anos desaparecida, poidamos contemplalo agora tal e como foi concibido polo seu anónimo autor.

Detrás de nós deixamos un remolque de cascallos e unha morea de hedras e de arbustos que ao día seguinte recollería a brigada de obras do Concello de Castro de Caldelas.


A porta quedaba pechada pero agardamos que non sexa por moito tempo porque ¡Hai tanto que facer!

Cando en setembro do ano 2012 colgamos nos camiños e nas casas de Santa Tegra a exposición que agora se pode ver en www.arribasanpaiodeabeleda.blogspot.com dicíamos:

Dende hai máis de mil anos, moreas de homes e mulleres pisaron os camiños que comunican o mosteiro de San Paio co Couto, co Ivedo, con Pousada de Abaixo, con Pousada de Arriba, con San Miguel, con Santiurxo, con Soutelo, coa Tapada, con Valverde, co Campo, con Chaguacedo, co Pacio, con Paradella, co Regato, co Río, con Ruxil, con Sabugueiro, co Souto ou coa Touza. Foi na igrexa de San Paio de Abeleda onde lles deron as augas do bautismo aos seus fillos, procuraron o pan que redime, casaron coa persoa que amaban e acubillaron na terra do adro os corpos dos seus mortos.
Hoxe nas pegadas dos seus pasos lemos unha manda: Arriba San Paio de Abeleda!

Esa manda tamén a lemos nos ollos da próxima xeración -representada nestas xornadas por Lía que traballou arreo porque ela sabe que non pode confiar en xente que lle temos tan descoidada a súa herdanza-.


Lía di Arriba San Paio de Abeleda! E nós só podemos contestar Arriba!

Esta é a crónica dunha actividade do
De-Ambulatorio Románico d´O Sorriso de Daniel
en colaboración con
Asociación Cocas e Danzantes de Santa Tegra de Abeleda
Asociación de Veciños e Veciñas de San Paio de Abeleda
Concello de Castro de Caldelas

O De-Ambulatorio Románico d´O Sorriso de Daniel
quere ser
unha voz que alerta,
unha man que axuda,
un corazón que alenta.

31 comentários:

  1. O esforzo foi grande, sen dúbida. E o agradecemento de todos os amantes do Románico, moito maior. Moitas, moitas grazas amigos de "Sorriso".

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Temos que ir tecendo comportamentos sustentados na "cuantitas" para pasalos a "cualitas", mantendo o "sorriso".Parabéns polos suores compartidos. Estades no certo.Bieito Ledo

      Eliminar
  2. Grande o voso traballo e grande a vosa labor, moitas grazas e toda a nosa admiración!!!

    ResponderEliminar
  3. paraben!!!ainda vou conhecer esse lugar lindo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vai Claudete. A San Paio de Abeleda, como a todos os doentes, séntanlle ben as visitas.

      Eliminar
  4. De verdade que é emocionante o que facedes. É un exemplo para todo, non só para o que se pode facer polo patrimonio. Anunciade máis accións coma estas porque nunha delas subo ao carro. Apertas.

    ResponderEliminar
  5. Anunciarémolas. Somos dos que a onde non chegamos mandamos recado. Agardámoste!

    ResponderEliminar
  6. Me ha emocionado vuestro ejemplo. Sois merecedores de lo mejor.
    Muchísimas gracias.

    ResponderEliminar
  7. Graciñas José! Se podemos pedir o mellor pediremos que se conserve San Paio de Abeleda.

    ResponderEliminar
  8. Impresionante. Felicitaciones a todo el equipo. Estaremos por Galicia en agosto ¿tenéis previsto alguna actuación? Nos apuntaríamos encantados.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que procuramos non facer estes "esforzos físicos" en agosto porque:
      a) vai moita calor -e xa sabedes que ao non estarmos afeitos sufrímolo máis que en Córdoba.
      b) a xente anda dispersa de vacacións

      Pero agora que o decides non é mala idea aproveitar o regreso dos que estades lonxe todo o ano. Estudiarémolo.

      Eliminar
  9. Xosé Ramón García20 de junho de 2013 às 21:53

    O Sorriso sodes unha boa proba de cómo a sociedade civil se ten que poñer a andar sen esperar axudas (que serán ben recibidas) Gostaríame pasar por San Paio de Abeleda. Parabens polo traballo feito, e pola noticia

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Iso dicimos nós: non esperamos por ninguén pero todos e todas serán ben recibidos cando cheguen.

      Eliminar
  10. um trabalho estupendo, noraboa! gracinhas por conservar o que é património voso, das galegas e ainda da humanidade enteira.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Realmente estas accións son moi pequenas aportacións e todo o que está por vir é máis importante que o que se fixo pero o cacho de camiño andado pode que xa non haxa que desandalo.

      Eliminar
  11. Mi felicitación sincera por vuestro esfuerzo y defensa del patrimonio gallego, en particular del más necesitado por su abandono. Ojala los responsables de conservar, mantener y difundir nuestro patrimonio tomen ejemplo y actúen en consecuencia. El patrimonio monumental bien merece un esfuerzo.
    Ramón Yzquierdo Perrín

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas Ramón;
      Cando eramos pouco máis de unha ducia e ninguén oíra o nome de O Sorriso de Daniel case que en ningures chamámoste para guiarnos unha visita a Diomondi. E xenerosamente ti e Nieves dixeches que si. Moi xenerosamente. Quedaches incorporado á nosa Santa Compaña -que diría Ramón Baltar-. Apertas grandes e moitas grazas polos ánimos.

      Eliminar
  12. Paréceme tan incrible e tan bonito o traballo que fixestes que non podo mais ca emocionarme. Demostrastes que se se quere se poden facer moitas cousas, non podemos esperar que a administración actue porque a maioría das veces o que fan é ainda por riba estorbar e poñer paus na roda...
    Non me queda mais ca felicitarvos e como homenaxe pasar a visitar esa maravilla do románico.
    Grazas e parabéns polo traballo ben feito.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Se o visitas por agora só poderás ver unha parte moi pequena del porque permanece pechado. Niso concentramos agora os nosos esforzos. Esperamos poder ter boas novas axiña.

      Eliminar
  13. Xenial!!! Din ca vosa páxina fai un par de samans. Quixen axudarvos nesta gran obra que levástedes a cabo, máis non me foi posible. Agardo poder participar na próxima. Por certo, deberíades facer unha lista de correo para que os que non temos moito tempo nos enteremos de todas as actividades que fagades.

    Norabóa!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. mándanos o teu correo a osorrisodedaniel@gmail.com decindo que queres recibir información de todas as actividades e incorporámoste XA! O que buscamos é persoas que queiran saber do noso románico. Ti es dos nosos!

      Eliminar
  14. Xeneroso e colosal traballo. Que admirable iniciativa!, Felicitacións e. agradecementos para todos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Parece máis xeneroso do que é. O pracer de facelo é tan grande que algúns estarían dispostos a pagar por participar.

      Eliminar
  15. Merecedes tódolos parabéns do mundo!! Hai que desenterrar tanta marabilla como temos agachada entre silvas, toxos e lixo, para que a fermosura da face de Galiza poida ser admirada e querida. Apertas!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non se pode querer o que non se coñece e non se pode coñecer o que é invisible aos ollos. Así que si: a desbrozadora é unha arma cargada de futuro. Grazas polos ánimos!

      Eliminar
  16. que ningún politicoide patrimonialice este esfuerzo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Quen nos dera que alguén quixera mercar a nosa vontade! o que pasa é que lles interesa tan pouco o que facemos que nin para eso...

      Eliminar
  17. Quizás el comentario sobre S.Paio en sito llegue un poco tarde pero hoy fue el día que fui hasta allí, quede impresionada de todo lo que allí trabajasteis, que bien quedo.La Iglesia no la pude ver por dentro, esta cerrada, me quedo con las fotos que están todas preciosas Que buen trabajo. Gracias de nuevo,por esa labor excelente que hacéis.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O comentario nunca chega tarde. Hoxe xa podemos avanzar que voltaremos o fin de semana do sábado 27 e o domingo 28 para rematar co que empezamos. Será un traballo moito máis levián que o que xa fixemos pero hai que rematalo ben. Eses días será un magnífico momento para vir visitar San Paio porque as portas estarán francas para os que queiran vir traballar e tamén para os que queiran vir dar ánimos.

      Eliminar