sexta-feira, 12 de abril de 2013

Sto Estevo de Ribas de Sil. Para que o románico non teña cancelas

Santo Estevo de Ribas de Sil ten unha das ábsidas máis singulares do románico galego.

Fotografía de Soledad Felloza para o Calendario Románico 2013

Entre esa ábsida e nós hai un obstáculo que nos impide a todos disfrutala.


Todo comeza na desamortización de Mendizábal. Sería longo contar a historia desa cancela. 
Entre esa cancela e nós hai algo persoal.

A asociación O Sorriso de Daniel decidiuse a falar con todas as partes implicadas
 e facer unha proposta:
Nós, primeiro limpamos e despois a porta ábrese.
Escoitáronnos na Diócese de Ourense, logo o Sr Cura de Santo Estevo de Ribas de Sil, logo o Director do Parador de Santo Estevo e logo a familia que é propietaria da finca.
Con todos eles nós adquirimos un compromiso: 
limpar a contorna da igrexa co fin de que os visitantes poidan este verán chegar ao pé dos muros. 
Farémolo en primeiro lugar porque 
as escorrentías de auga que baixan da finca están tupindo a canle de drenaxe que rodea a igrexa 
e tamén porque é imprescindible para facela visitable.
Nós daremos este primeiro paso para que 
se cumpra o soño de que a derradeira porta de Santo Estevo de Ribas de Sil quede aberta.






Anímaste a vir?

Quedamos o sábado 20 de abril ás 11h diante do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil 
(Nogueira de Ramuín, Ourense).

Se ves trae calzado para andar sobre terra  moi mollada e tamén algo como un sacho, un enciño, unha desbrozadora, unha gadaña, unha tesoura de podar... Luvas tampouco che virán mal para traballar sen que as estrugas te martiricen.
O xantar farase alí mesmo e cada un levará o seu.
Ah, e manda antes un mail a osorrisodedaniel@gmail.com para poder conectar contigo e organizarnos mellor.

Se non queres vir traballar pero queres aproveitar para pasar a ver a ábsida e queres tamén traernos unha palabra de alento serás moi ben recibido/a. Fai falla de todo.

O traballo non rematará o día 20 pero este é un primeiro paso para abrir unha cancela.
Se o tempo non permitise traballar ese día buscaremos unha nova data para facelo. 

19 comentários:

  1. Pois si que me encantaría ir pq ademais vivo no pobo do lado pero teño que traballar ese día! Espero poder ir noutra data. Coido que irá para largo!

    ResponderEliminar
  2. A verdade que é unha gran iniciativa, a pena que non podo asistir por motivos de traballo, pero desde logo que todo o que estades a facer é para disfrute de TODOS /AS , darvos a grazas e felicitaros por o cariño que poñedes sempre en traballar polo patrimonio, O Románico que nos deixa prendados de tanta beleza.
    É preciosísimo o lugar e merece a pena que nos unamos sempre que poidamos e que as "autoridades" se den conta do que están deixando de lado. Espero que o tempo acompañe, e cando poidamos poder colaborar dalgún xeito nos vosos proxectos. GRAZAS. Grazas sempre por achegarnos a cada rincón do que non deixa atrás a admiración. ÁNIMO ESTAMOS CON VÓS !! (Inma desde Agolada)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Inma xa nos veremos noutra. O caso é que acertemos a facer ben o traballo. Para que para o próximo día quede menos.

      Eliminar
  3. Os que non poidades ese día e morredes coa envexa, non vos preocupedes. Non remataremos todos os traballos que hai que facer alí nesa data. Haberá polo menos unha nova convocatoria.

    ResponderEliminar
  4. Un sitio que conozco hace muchos años por haber vivido cerca de allí. Mejorado con el tiempo. Recomiendo se conozca, no os arrepentiréis.

    ResponderEliminar
  5. Xenial iniciativa Sorrisos!! Se non podo ir estarei de corazón apoiándovos!!

    ResponderEliminar
  6. Paréceme unha fantástica iniciativa e encantaríame ir, pero...estou "preñadísima", a punto de parir (37 semanas) e anque a fouce, os toxos e o fento encántame, coido que anque non enferma, non estou no mellor momento para botarvos un cable.
    En todo caso...se é a primeira cancela que se abre, espero estar nas sucesivas.

    Unha aperta. B.T.S

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. 37 semanas? pero non tiñas xa que estar no hospital? Pois se aínda non lle buscaches nome e é neno pódeslle poñer Estevo ;-) En todo caso traballamos cos ollos postos na próxima xeración así que ti ao teu, que agora é coidarte para poder coidar, e nós imos dar feito o traballo alí. Apertas!

      Eliminar
  7. Animo e que non decaiga,iniciativas esí salvarían moita riqueza cultural deste pais,anìmovos a que pensedes na capela de san Mamede,na parroquia de Loseiro(concello de Sarria,provincia de Lugo) quizás necesite botarlle unha mao,hai tempo que non paso por elí.

    ResponderEliminar
  8. Noraboa pola iniciativa. Xa me gustaría poder ir e colaborar.

    ResponderEliminar