Santiago desde el siglo XI, en los XII y XIII sobre todo
y aún en el abigarrado otoño de la edad media
es un taller de arte, un obrador de cultura
donde se contrastan todas las lenguas,
un fabuloso mercado con rica y entonada burguesía,
un centro religioso compuesto
por una pléyade de monasterios e iglesias
entorno a una impar catedral
resumen y definitiva y clásica forma de la plástica románica.
Ramón Otero Pedrayo
O Sorriso de Daniel convoca a súa IV Xeira Románica e faino esta vez cunha xornada Compostelana.
Cando será?
Será o domingo 22 de xaneiro.
Quén pode asistir?
Calquera persoa -socio ou non de O Sorriso de Daniel- que estea interesada en coñecer unha parte da Compostela románica.
Cal é o programa?
10.30h. Visita ao Pórtico da Gloria (guiada por Margarita Vázquez Corbal, coordinadora do Programa de visitas do Pórtico Virtual da Fundación Barrié de La Maza e socia fundadora de O Sorriso de Daniel).
11.00h. Visita guiada ao Museo da Catedral de Santiago.
Aviso para navegantes que pensen que o teñen moi visto: O museo remodelou dous andares recentemente e conta cunha exposición permanente anovada con motivo da celebración do 800 aniversario.
Visita á exposición Cerimonial, Festa e Liturxia na Catedral de Santiago (San Domingos de Bonaval).
14h. Xantar no restaurante A Moa 32.
16.00h. Visita guiada pola alma da Compostela románica a cargo de Miguel Anxo Seixas.
Miguel Anxo Seixas (Arzúa, 1960) foi comisario da exposición Galicia, O Sorriso de Daniel do Consello da Cultura galegoa e autor da magnífica guía Santiago y Galicia da Editorial Límite Visual entre outros moitos traballos que ten realizado tanto como comisario de exposicións, editor e sempre como estudoso atento á cultura galega.
E o xantar?
Xantaremos en Restaurante A Moa 32 (Rúa de San Pedro).
Menú:
1. Entrante variado.
2. bacallau confeitado con cirolas, pil-pil de alfábega e cachelos
ou
carrilleiras de ibérico ó Amandi con Castañas e patacas fritidas.
3. Froitas de Tempada con xarape de azafrán, canela e cremoso de mascarpone
ou
brownie con noces, salsa de chocolate branco e xeado de froitos vermellos.
Inclúe viño e café.
Hai unha alternativa de menú vexetariano.
A qué hora remataremos?
Sobre as 18h aproximadamente.
Cómo me inscribo na xornada?
Enviando un mail antes do día 19 de xaneiro a osorrisodedaniel@gmail.com no que debe figurar
a) Nome e apelidos de cada unha das persoas que vaian asistir.
b) un correo electrónico e un teléfono de contacto.
c) confirmación de que xantarán co grupo de O Sorriso de Daniel ou confirmación de que o farán fóra do grupo e menú elixido.
Hai prazas limitadas?
Si. O grupo non pode exceder as 25 persoas. Así que o mellor é inscribirse canto antes.
E só se formaría un segundo grupo se se completase con tempo suficiente de xestionar entradas e reservas.
Canto teño que pagar?
Se xantas con nós o prezo é de 30€.
Se non xantas o prezo é de 5€.
O prezo inclúe entradas aos lugares que se visiten.
A quen lle estamos agradecidos?
A Ramón Yzquierdo Peiró, director-ténico conservador do Museo da Catedral, que nos facilitou toda a axuda para organizar a visita.
A Margarita Vázquez Corbal, coordinadora do Programa de visitas do Pórtico Virtual da Fundación Barrié de La Maza, que fixo o propio no Pórtico da Gloria.
A Miguel Anxo Seixas, porque ver Compostela na súa compaña sempre é garantía de descuberta!
E aos que acudades conducindo temos que pedirvos un favor facédeo con xeito. Lembrade que o Románico é para vivilo!