quarta-feira, 28 de novembro de 2012

VII Xeira Románica. Agolada: No corazón de Galicia



Neste ano  2012 a igrexa de San Xiao de Ventosa cumpre 800 anos.
E nós non podíamos faltar á cita coa que Filgueira Valverde chamou a Catedral do Románico Rural Galego.



Cando imos?
O xoves 6 de decembro (Día da Constitución).

Onde quedamos?
Ás 11h da mañá nos Pendellos de Agolada.

Quen nos guiará?
Alí recibiranos a técnica de cultura e turismo do Concello de Agolada que nos presentará ese ben patrimonial que forman o conxunto de Os Pendellos da feira de Agolada.

A visita ás igrexas románicas guiaránola Ana Pousa 
Licenciada en Historia del Arte, especialidades de Arte Antiguo, Medieval e Arte Moderno, pola USC.

Máster en Técnicas de Xestión Integral do Patrimonio Cultural (especialidad patrimonio artístico) pola USC.

Tras facer o dourado obtivo o Diploma de Estudios Avanzados co traballo “El Románico en la provincia de Pontevedra (diócesis de Lugo). Nuevos hallazgos y consideraciones”.

Durante tres campañas formou parte do equipo de investigación e redacción da Enciclopedia do Románico en Galicia (Fundación Sta. Mª la Real de Aguilar de Campoo- Centro de Estudios del Románico) nos tomos de Pontevedra e A Coruña.

E despois?
De alí encamiñarémonos á igrexa de San Martiño de Ramil


E de alí a Santo André de Órrea.


Onde xantaremos?
En Parrillada Agolada na estrada Agolada-Melide.

E despois de xantar?
Iremos a San Xiao de Ventosa




(e se a tarde nos rende ben fecharemos a xornada visitando San Pedro de Ferreiroa).



Cómo fago para me anotar?
Envía antes do día 4 un correo a osorrisodedaniel@gmail.com cos seguintes datos
Asunto: VII Xeira Románica. No corazón de Galicia (xa sabemos que de isto vos ides esquecer todos!)
E na mensaxe os seguintes datos:
nome, apelidos, tfno e mail de cada unha das persoas que se queiran anotar.

Hai prazas limitadas?
Xa sabedes que si. Para que os asistentes poidan disfrutar a gusto da visita o número de prazas está limitado e anotaremos por orde de recepción de correo.

Canto custa a asistencia á xeira?
Se es socio 20€ e se non es socio 25€. O xantar está incluído neste prezo.

Cómo nos trasladaremos?
En coches particulares. Cando esteamos nos Pendellos trataremos de agruparnos para non mover moitos coches xa que algunhas das aldeas ás que temos que ir carecen de lugares apropiados para aparcar bastantes coches.
Se o teu problema é que non tes coche pregunta porque é posible que perto de onde es ti haxa xente anotada que non teña inconveniente en levarte.



1 comentário:

  1. amigas e amigos, é boa nova para nós que honredes así o patrimonio da terra do medio, onde eu nacín, andei, sorrín, soñaba...fíxenme mociño, ata chegar a cangas. temos con nós aquí a nai de maría, moi dependente desde hai uns meses. velaí que non podemos ir ao corazón de galicia ata que ela mellore. mais quérovos deixar unhas poucas novas para a viaxe:
    1. A Torre de Amarante (restaurada hai pouco. é un exempro da torre circular nas abas do Farelo). Está a cinco km. d´agolada, indo pola estrada de Lugo; xusto nunha baixada e despois da entrada na provincia de lugo, N. 640: ledes Ludeiro a menos de dous Km e á man dereita (baixando) atoparedes un piñeiral que oculta a maxestuasa torre; pois entrades pola segunda pista, non está indicada, e xa, a douscentos metros, o edificio restaurado, solitario, deixada a súa contorna para que o tempo queira (des) facer. podedes pasear pola aldeíña de Amarante, con só unha ou dúas casas habitadas. A Torre fora tamén propiedade da condesa de fenosa (entre outros). erguedes a vista cara ao sur e ollades a testa do Farelo (abeirando nos mil metros de altitude). este monte védelo tamén, e mellor, cando vaiades a Ventosa, ou xa dende a vila dágolada ( a mellor vista panorámica del está dende o esquelete do auditorio municipal, en obra inacabada)
    2.- En Ramil está, a 50 ms. da igrexa, a "eira da xoana", onde os amigos/as de ADEGA teñen o seu hábitat natural par os sucesivos convivios de recuperarnos patrimonio e dignidade. a eira conleva a antiga casiña, restaurada, e unha superficie acaroada con especies de árbores de noso. E dende ramil, estades a cinco minutos da torre de pambre, xa na contorna de palas de rei, que está aberta para ser visitada todo o día (facede tempo e védea).
    3- a vista panorámica do sobreiral do arnego está na miña aldea máis querida:quian, na parroquia de carmoega, abeirando o río e dende unha curota da cima da aldea (hai pista para ir a pé, ou en coche pequeno se non hai chuvias). é a vista máis fermosa da contorna da terra do medio: un retallo da selva amazónica, un encanto para a vista.

    e se queredes vides por cangas e falamos.

    as igrexas son outras marabillas, sobremaneira o baldaquino de ventosa.o crego contaravos como foi a restauración. dádelle un saúdo. dende a igrexa de ferreiroa poderiades ir ata "a ponte dos cabalos", paso obrigado, con postigos, dos arrieiros e feirantes, polo camiño real que viña dende ourense ata brigantium. a súa contorna ten un espazo encantador de vexetación variadísima e unha arquitectura sobre o paso do río en tres niveis de altura para o mellor aproveitamento das augas de rega e muiñada.

    remato coa malleira dicindo que podedes atopar na miña casarella da www.aelg.org (escribides o meu nome do espazo enmarcado na dereita) e clicades "outros documentos", aí están os artigos que foran actualidade.clicades nos que aparecen a palabra "pendellos" e saberedes a última historia das polémicas da súa restauración, e tamñen o da ponte dos cabalos..

    e "acabín" (din na arousa). vou durmir, que me chama o señor sono.

    pasádeo ben e moito. apertas

    Vázque Pintor

    ResponderEliminar