Os partidos galegos veñen de pechar as listas que presentarán ás eleccións do vindeiro 21 de outubro. Nós xa temos preparada unha carta dirixida aos cabeza de lista de cada partido solicitando a inclusión no programa electoral dun Plan Galego para a conservación e posta en valor do Patrimonio Románico.
Non pedimos nada novo. Isto mesmo o solicitamos ao Parlamento de Galicia en febreiro do 2011. Naquel intre escribimos ao pé das derruídas pedras do Pazo bispal de San Paio de Diomondi. Dende aquela en xullo do 2011 tivemos que coller as desbrozadoras para limpar Santo Estevo de Pardollán, en agosto do 2011 solicitamos á Consellería de Cultura que fixese todo o que estivese na súa man para impedir que novos encoros no entorno de Santa Cristina de Ribas de Sil puidesen impedir a declaración de Patrimonio da Humanidade para a Ribeira Sacra, en xuño de 2012 solicitamos á Dirección Xeral de Patrimonio que se interesase polo calamitoso estado de San Paio de Albeos, en setembro de 2012 inauguramos unha exposición para reivindicar que San Paio de Abeleda non se perda...
Nós non imos cansar.
E hoxe saen as cartas!
Asunto:
Solicitude de inclusión no
programa electoral dun Plan galego para a conservación e posta en valor do
Patrimonio Románico.
Da nosa estimanza:
Non se lle escapará nin a vostede
nin ao equipo de redactores do programa electoral do seu partido que nun
patrimonio tan extenso como é o patrimonio románico galego o estado de
conservación é desigual. Hai edificios con problemas estruturais, outros con
problemas de seguridade e tamén pinturas murais e bens mobles en avanzado
estado de deterioro e por suposto un grave problema de divulgación deste
patrimonio.
No actual actual contexto de crise
o Patrimonio Artístico Galego ten que ser visto como unha oportunidade para o
desenvolvemento e a creación de emprego. Chegou a hora de catalogalo,
preservalo e divulgalo como merece.
As actuacións de emerxencia deben
dar paso á planificación e para iso a Xestión do Patrimonio debe
fundamentarse en catro elementos: coñecemento, protección, conservación e
divulgación. Os catro necesarios por igual. A ordenación territorial e a
planificación urbanística son ferramentas imprescindibles. Pero non abondan.
Por todo isto pedímoslles a vostede
e aos redactores do programa electoral do seu partido que inclúan no mesmo o
compromiso de redacción dun Plan Galego para a conservación e posta en valor
do Patrimonio Románico e o seu posterior desenvolvemento se chegase a
gobernar.
A dinamización económica que
supoñería non é despreciable e hoxe os homes e mulleres formados nas nosas
universidades e centros educativos –moitos deles a piques de ter que abandoar
Galicia- son o mellor capital humano para garantir que ese Plan Galego para
a conservación e posta en valor do Patrimonio románico teña os
redementos que desexamos.
Agardando que esta solicitude poida ser
valorada polo equipo de redacción do Programa electoral do seu partido
enviámoslles un saúdo cordial
A Xunta Directiva
de O Sorriso de Daniel.
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminarEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminar