quinta-feira, 31 de maio de 2012

VI Xeira Románica. Facéndolle as beiras ao Miño

Cando imos?
O domingo 10 de xuño de 2012.

Quen nos guiará?
Margarita Vázquez Corbal -a nosa guía oficial cando de achegarnos ao baixo Miño se trata-. Margarita Vázquez Corbal está neste momento a piques de ler a súa tese sobre o románico desta zona que se espalla a un lado e ao outro do Miño. ¡ánimo Marga que xa falta menos!
Xa vedes que imos en inmellorable compaña.

Onde imos?
9.00h. Saída de Santiago de Compostela. Diante do edificio de Facenda (Salgueiriños).
10.30h Parada en Gondomar para recoller aos amigos do Instituto de Estudos Miñoranos e con eles a calquera da zona que esa parada lle veña mellor.
11h. Mondariz-Balneario. Visita aos restos da Igrexa de Casteláns, que procedentes deste mosteiro de Covelo, se gardan no Balneario de Mondariz.

Foto de Freecat en Flicr

12.30h. Nosa Señora da Franqueira.

Foto de Freecat en Flicr

13.30h Xantar no campo da festa da Franqueira. Cada un levará o seu xantar.
15.30h. Visita aos restos de Albeos.

Foto de Freecat en Flicr

16h (hora portuguesa). Media hora de café en Melgaço.
17h. Visita a Igrexa de Fiaes.



 Foto de Vitor Ribeiro en Flicr
18.30h. Visita a Igrexa de Paderne. 

Foto de Freecat en Flicr

Estes horarios poden sufrir pequenos axustes sobre a marcha da xornada.
Quén se pode anotar?
Os socios e socias do Sorriso de Daniel e os do Instituto de Estudos Miñoranos con preferencia ata o 3 de xuño e despois ata o 7 de xuño tamén calquera outra persoa interesada ata un número máximo de asistentes de 55 persoas. 

Qué prezo ten a Xeira?
Inscripción e praza de autobús 10€.
O autobús poderase coller tanto en Santiago de Compostela como en Gondomar ou Mondariz Balneario.
O autobús só se fletará se se completa o número de persoas mínimo. En caso contrario o percorrido farémolo en coches particulares. Confirmaráselles aos anotados o venres 8 a máis tardar.

Cómo me anoto?
Enviando canto antes un correo electrónico a osorrisodedaniel@gmail.com no que figure nome e apelidos de cada un dos anotados e un Tfno de contacto.
Os Socios do Instituto de Estudos Miñoranos poñéndovos en contacto co IEM polas vías habituais.

Hai tempo límite para inscribirse? 
O xoves 7 de xuño.

Onde xantamos? 
No campo da festa da Franqueira e cada un levará o seu xantar.

Se teño tendencia á depresión pódome anotar?
Sempre baixo a súa absoluta responsabilidade e previa consulta ao seu facultativo. 
Cando lle anunciamos a visita ao Sr Cura da Franqueira e lle contamos o percorrido que iamos facer dixo: "¡Casteláns e Albeos no mesmo día! tendes boas gañas de deprimirvos..." 
Pero nós sabemos que para combater o mal hai que coñecelo íntimamente. Por iso queremos visitar estas dúas fondas pegadas que o desleixo deixou no patrimonio románico galego. 
A ver se aprendemos!


Quén organiza?
Por se aínda non quedou claro a asociación O Sorriso de Daniel en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos.

E aos que vos acheguedes en coche ata Santiago de Compostela, Gondomar ou Mondariz conducide a modiño. Lembrade que o románico é para vivilo

2 comentários:

  1. Lástima que eu teño preparada unha viaxe a Guimaraes para esa finde. No sucesivo terei en conta estas marabillosas excursións. Éxitos e a gozar do noso patrimonio.

    ResponderEliminar
  2. Pásao ben en Guimaraes e se atopas algunha igrexa románica tíralle un foto! Moitas grazas polos bos desexos Helena.

    ResponderEliminar