quarta-feira, 9 de fevereiro de 2011

Carta aberta aos Parlamentarios Galegos

No día de hoxe -mércores 9 de febreiro de 2011- O Sorriso de Daniel ven de entregar a presente carta no Rexistro do Parlamento Galego dirixida aos tres grupos parlamentarios.



Transcripción:
Á atención do Grupo parlamentario do Partido Popular
Á atención do Grupo parlamentario do PSdeG-PSOE
Á atención do Grupo parlamentario do BNG




Diomondi (O Saviñao), 6 de febreiro de 2011

Da nosa estimanza:

Ao pé das pedras caídas da fachada do Pazo Bispal de San Paio de Diomondi dirixímonos aos nosos representantes no Parlamento de Galicia para facerlles chegar o noso profundo disgusto polo estado de abandono no que se atopa unha boa parte do patrimonio románico galego. Edificios con problemas estruturais moi importantes, con problemas de seguridade que dan pe a expolios, pinturas murais en avanzado estado de deterioro, elementos patrimoniais que posiblemente non poidamos mostrar aos nosos fillos porque se terán perdido antes.

Na actual situación de crise que vive Galicia, na que non é preciso lembrarlles a taxa de paro porque será para vostedes motivo de preocupación constante, o Patrimonio Artístico Galego ten que ser visto como unha oportunidade para o desenvolvemento e a creación de emprego no rural galego.

Esta rica herdanza patrimonial que compartimos todos os galegos e galegas debe ser catalogada, preservada e divulgada como merece pola súa dimensión e importancia.

A tutela deste Patrimonio ha de partir da planificación. Chegou a hora de deixar atrás as actuacións de emerxencia para traballar no campo seguro da Xestión do Patrimonio e  ancorar esta xestión en catro elementos fundamentais: coñecemento, protección, conservación e divulgación.

Ordenación territorial e planificación urbanística son boas ferramentas e imprescindibles puntos de partida. Pero non abondan. Por todo isto pedímoslles aos Parlamentarios galegos que demanden dos organismos competentes a redacción dun Plan Galego para a conservación e posta en valor do Patrimonio Románico.

Os beneficios da redacción e posta en funcionamento das directrices derivadas afectarían a máis de 500 edificios e extenderíanse por todo o territorio da nosa comunidade. O mundo da construción, e moi especialmente o adicado á rehabilitación, as empresas directamente relacionadas co turismo e todos os galegos e galegas en xeral –os de agora e os que están por vir- veríamonos tamén beneficiados por un plan destas características.
A sociedade galega apostou claramente, a través da universidade pública, pola formación de expertos en diferentes ámbitos (arquitectos, aparelladores, historiadores da arte, Diplomados en conservación de bens patrimoniais…). Ese esforzo non pode ser estéril e os homes e mulleres formados nas nosas universidades son o mellor capital humano para garantir que ese Plan Galego para a conservación e posta en valor do Patrimonio románico teña os redementos que desexamos.

Convidámolos a que visiten o derruído Pazo Bispal de Diomondi e á luz destas pedras valoren a proposta que agora lles facemos chegar.

Agardando que esta solicitude desperte interese na Cámara e poida ser trasladada ao goberno reciban un afectuoso saúdo

13 comentários:

  1. ola desde brion

    como traballador do mundo da comunicación, as miñas loubanzas para a vosa iniciativa (realista e sentida a un tempo) e o meu apoio como contribuinte para que as nosas politicas publicas non descoiden esta oportunidade

    oxalá os nosos xestores da res publica sexan quen de empregar a sua capacidade de acordo para rescatar e poñer en valor un patrimonio herdado que debe ser parte dun futuro mellor para todos

    unha aperta
    carlos

    ResponderEliminar
  2. Hace 11 años comencé mis estudios de Restauración y Conservación con toda la ilusión del mundo, era lo que me apasionaba y a lo que decidí dedicar mi vida, ahora y después de año y medio en el paro y con 30 años, busco trabajo desesperadamente en cualquier cosa.He tenido que salir de Galicia para poder trabajar y lo que más me duele es que nuestro patrimonio, uno de los más ricos de España literalmente se cae y tanto yo como otros muchos de mis compañeros estamos en el paro o han abandonado la Restauración porque no podemos vivir de ella.

    ResponderEliminar
  3. Felicitaros por la carta dirigida a los Parlamentarios por unir: denuncia e ideas.

    ResponderEliminar
  4. Todo lo que sea conservar como un valor didactico, lo apoyo. Lo que digo, que no todo lo viejo, hay que conservarlo. Si al verdadero arte, y un homeje a todos esos artistas anónimos. conchita.

    ResponderEliminar
  5. Estupenda iniciativa, hace falta sensibilizar no sólo a la opinión pública sino sobre todo a los políticos y administradores, la defensa y respeto por nuestro patrimonio es un trabajo de todos.

    ResponderEliminar
  6. Parabéns polas vosas xestións na defensa do noso patrimonio arquitectónico e tamén pola fermosa excursión que organizáchedes o domingo. Xa estamos agardando pola próxima.
    Aproveito para diciros que o pazo de Diomondi foi un mosteiro benedictino, fundado en 1140 ??(a data está escrita nunha pedra do dintel interior da igrexa), e corenta anos despois, Fernando II de León deullo ó bispo de Lugo, co que pasou a ser residencia de verán dos bispos, como ben explicou Nieves o domingo, xa desde fins do século XII.

    ResponderEliminar
  7. Asociación Cultural Monte da Estrela14 de fevereiro de 2011 às 21:00

    Ánimo amigos¡, unímonos a vosa loita, dende a Asociación Cultural Monte da Estrela téntamos levar a cabo a divulgación, sensibilización, conservación e posta en valor do noso Patrimonio cultural, por que vemos a cada segundo o deterioro e a perda nalgúns casos irreversible do noso Patrimonio, por iso vos damos os parabéns pola vosa iniciativa lembrándovos que non estades solos. Unha aperta¡

    ResponderEliminar
  8. A todos e todas os que ata agora escribístedes no Blog MOITAS GRAZAS!
    Á asociación de veciños de O Saviñao, ao Círculo do Saviñao, ao Instituto de Estudos Miñoranos o noso agradecemento.
    A todas as outras asociacións e entidades que por diversos medios nos fixeron chegar o seu apoio.
    Aos que enviastedes o enlace por mail, aos que o compartistedes nas redes sociais, aos que o puxéstedes no voso blog. Con vós temos unha débeda.
    Aos xornalistas que nos están a axudando a difundilo, moitas grazas.
    Ao grupo parlamentario do BNG e do PSdeG-PSOE que xa nos mostraron o seu interese pola proposta o noso recoñecemento.
    Para todos e todas... GRAZAS!
    Nós seguiremos insistindo. E sabemos que vós tamén.

    ResponderEliminar
  9. Eu quero agradecervos a todos os que formades o Sorriso de Daniel porque deches forma, forma de palabra, a algo do que moitos falamos, enfadámonos, resignámonos,... E non so díchelles forma se non que actuáchedes. Gracias e que cunda o exemplo.

    ResponderEliminar
  10. Parabéns polas vosas inicitivas e polo fermoso blog. Saúdos desde INICIARTE.

    ResponderEliminar
  11. Grazas a vós pola enerxía dos vosos comentarios. Así é máis doado seguir.

    ResponderEliminar
  12. A proba de que dous anos para O Sorriso de Dnaiel non son nada é que aínda onte mesmo voltamos a Diomondi e esta vez coas cámaras da TVE acompañándonos. Minuto 16
    http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-01-03-13/1703526/

    ResponderEliminar