domingo, 28 de novembro de 2010

Pola recuperación dos arredores do Mosteiro de Melón.







A asociación O Sorriso de Daniel pide a demolición da estructura do Polideportivo de Melón en Ourense

Un Tribunal de Ourense ven de inhabilitar por oito anos ao alcalde de Melón. Os actos que levaron a dictar esta sentencia remóntanse a hai máis dun lustro cando, en terreos afectados pola declaración de Ben de Interese Cultural do Mosteiro cisterciense de Melón, o concello ergueu un polideportivo. Segundo se recolle na sentencia a edificación carecía dos permisos preceptivos.

Máis alá das implicacións políticas que esta sentencia trae consigo en O Sorriso de Daniel quixeramos felicitarnos por un acto xudicial que a medio prazo agardamos que incida na desaparición da estructura deportiva que afecta ao fermoso edificio do Mosteiro de Melón.

Sobre o que resta deste mosteiro están execuntándose na actualidade unhas importantes obras de recuperación nas que o Ministerio de Fomento do Goberno de España e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia están a facer un importante investimento.

Sen dúbida de ningunha clase o edificio merece estas actuacións e merece tamén que se evite calquera agresión sobre el como a que veu supoñer a construción deste polideportivo.

O esforzo económico que as administracións están a facer deberia verse acompañado pola urxente demolición da estrutura do edificio que provocou a inhabilitación do actual alcalde. Nun concello como o de Melón onde a presión urbanística non parece ser un problema é sorprendente que se escollese xustamente ese emprazamento para erguer unha dependencia municipal destas características.

A construción do polideportivo, como así o manifestou no seu día a Consellería que dirixía Alberto Núñez Feijoo (PP) e máis tarde a dirixida por Ánxela Bugallo (BNG) contraviña todas as normas que se aplican nos perímetros dos bens que teñen a categoría de BIC e sen embargo os informes saídos desas dúas consellería foron desatendidos polo concello de Melón.

Ademais dos postos de traballo xerados polas obras en si mesmas que se están a executar agora non son despreciables as potencialidades que o edificio románico pode abrir a esta pequena vila se se xestiona pensando que funcione como o eixo vertebrador da oferta turístico-cultural do entorno.

Neste momento, no que o rural do interior de Galicia pelexa por seguir vivo, Melón ademais de un entorno natural privilexiado conta cun patrimonio artístico de singular importancia e a isto súmaselle o feito de atoparse no eixo da autovía que une Vigo con Madrid. Estratexicamente situado a medio camiño entre Ourense e Vigo o máis representativo de todos os edificios da vila parece que podería volver a revivir grazas a esta sentenza e ao investimento que na súa recuperación están a facer o Ministerio dirixido por José Blanco e a Consellería de Roberto Varela.

Ao fío desta sentencia O Sorriso de Daniel quixera facer especial mención do servizo público que prestaron os veciños de Melón que perseveraron na denuncia dos feitos e nos distintos funcionarios e administracións que formularon os expedientes que deron pé a esta sentencia.

Asemade a asociación O Sorriso de Daniel pide que se proceda á demolición da estructura do pavillón no menor tempo posible.

A súa destrución sería a proba definitiva de que a xustiza serve para subsanar os erros cometidos. O patrimonio que herdamos dos nosos devanceiros debe chegar ás mans dos nosos fillos e fillas.

O románico é para vivilo!



Ficha do proceso xudicial


Motivo da denuncia: construción de un polideportivo na zona de protección BIC do Mosteiro de Melón

7 de outubro de 2004: o alcalde asina a acta de planeamento da obra do polideportivo. Ubícase sobre suelo rústico e non conta co permiso da Consellería de Política Territorial (sendo conselleiro Núñez Feijoo) nin de Patrimonio (sendo conselleiro Jesús Pérez Varela). Non contaba coa parcela mínima e non tiña o debido retranqueo.

4 de maio de 2005: tras varios requerimentos desas consellerías e do Valedor do Pobo informa á Xunta de Galicia de que as obras están paralizadas.

Xullo de 2005: reinícianse as obras sen contar cos permisos necesarios de Patrimonio.

20 de xullo de 2005: Patrimonio decreta a paralización

10 de agosto de 2005: rematan as obras.

3 de agosto de 2006: A dirección xeral de urbanismo multa ao concello con 120.000€ polas actuacións.

Maio de 2008: O tribunal superior de Xustiza ordena a demolición do polideportivo.

Advertencias administrativas recibidas en relación a esta obra:
Informe en contra do Secretario do Concello
Advertencias da Dirección Xeral de Patrimonio.
Advertencias da Consellería de Política territorial.
 

2 comentários:

  1. Así o reflectiu La Voz de Galicia

    http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/11/29/0003_8878713.htm


    Exigen derribar el pabellón de Melón levantado al lado del monasterio

    Una asociación urge su demolición para subsanar «os erros cometidos» por el alcalde popular Alberto Pardellas

    Autor:
    Rubén Nóvoa
    Localidad:
    ourense/la voz.
    Fecha de publicación:
    29/11/2010



    La decisión judicial de inhabilitar ocho años al alcalde de Melón (PP) Alberto Pardellas por construir sin autorización un pabellón polideportivo al lado del monasterio de Santa María sigue provocando reacciones. La última fue la de la asociación O Sorriso de Daniel, que se creó para defender y apoyar la conservación del patrimonio medieval gallego.

    El colectivo expresó ayer su satisfacción por la decisión judicial de inhabilitar en un cargo público por ocho años a Alberto Pardellas, pero también exigen que se recuperen los alrededores del monasterio con la desaparición de la estructura del polideportivo que todavía sigue en pie «no menor tempo posible». «Nos felicitamos dun acto xudicial que a medio prazo agardamos que incida na desaparición da estrutura deportiva que afecta ao fermoso edificio do mosteiro de Melón», indicó el colectivo a través de un comunicado oficial.

    Entiende la asociación O Sorriso de Daniel que la destrucción de la estructura deportiva sería «a proba definitiva de que a xustiza serve para subsanar os erros cometidos. O patrimonio que herdamos dos nosos devanceiros debe chegar ás mans dos nosos fillos e fillas».

    La asociación en defensa del patrimonio medieval gallego considera que la decisión que en su día llevó al alcalde de Melón a construir el polideportivo en las inmediaciones del monasterio es sorprendente. «Nun concello como o de Melón onde a presión urbanística non parece ser un problema é sorprendente que se escollese xustamente ese emprazamento para erguer unha dependencia municipal desas características», indicaron.

    El futuro

    Sobre el futuro del monasterio de Santa María, que está declarado Bien de Interés Cultural (BIC), la asociación patrimonial O Sorriso de Daniel es optimista, ya que destaca las obras que se están ejecutando en la actualidad.

    Consideran que el edificio románico tiene grandes potencialidades para potenciar la villa ubicada en O Ribeiro de cara a que «funcione como o eixo vertebrador da oferta turístico-cultural do entorno».

    ResponderEliminar
  2. Buenos días!! A través de una amiga he sabido de esta asociación y me parece que el trabajo que desarrollan es interesantísimo. Si pudieran hacerme llegar vía e-mail las actividades que vayan programando y poder participar en ellas sería un placer. Mi cuenta de correo es rosacasco@hotmail.com. Muchas gracias.

    ResponderEliminar