No medio e medio da Semana Santa remataba o prazo para achegar alegacións á incoación do expediente BIC da Ribeira Sacra. Primeiro paso para solicitar ante a Unesco a declaración da mesma como Patrimonio da Humanidade na modalidade de paisaxe cultural.
O Sorriso de Daniel creu sempre neste proxecto. Na mesma semana na que foi nomeada a agora Directora Xeral de Patrimonio así llo expresamos nunha entrevista, cando a Consellería aínda non se posicionara. Varios meses despois anunciaron que a Xunta se unía ao que xa demandaban as deputacións de Lugo e Ourense e nós aplaudimos esta adhesión.
Unha vez estudado o expediente inicial cremos que son moitas -moitísimas- as eivas que o proxecto ten pero que aínda están en tempo de ser subsanadas. Todo dependerá deste periodo que se abre agora de estudo das alegacións.
Na nosa opinión ao expediente fáltalle ambición e compromiso. Dificilmente a UNESCO outorgará a Declaración de Patrimonio da Humanidade a un proxecto valdeiro de contido e falto e de compromiso na súa conservación. Todas e cada unha das alegacións que fixemos van encamiñadas a mellorar o proxecto. Verase neste tempo cantas están dispostos a admitir a trámite.
Resumimos aquí o documento de 19 páxinas de alegacións para que poidades coñecer a nosa postura:
1. Alegacións referidas á exclusión de edificios románicos. Pasan de 50 os edificios románicos da zona que non se contemplan no proxecto. A Ribeira é coñecida como Ribeira Sacra porque nas terras que rodean ese tramo dos ríos Miño e Sil se ergueron ducias de eremitorios, mosteiros, igrexas parroquiais que lle deron ese carácter Sacro. Unha concentración de arte medieval que non ten o suficiente recoñemento na candidatura e que priva á candidatura dunha das súas maiores fortalezas. Unha paisaxe cultural éo se se recoñece nela a pegada da xente sobre o territorio. Sen o que significaron ese centros espiritutais pero tamén económicos non se entendería a Ribeira Sacra.
Pedimos a inclusión de máis de 50 edificios excluídos.
2. Alegacións referidas ao estado de conservación dos bens. A incoación do expediente é tan pobre que nin vén acompañado por un estudo do estado dos bens que van ser froito da incoación e moito menos das obras de conservación que deberían ser motivo de actuacións de urxencia. Na nosa opinión é necesario facer un estudo de campo minucioso e rigoroso e incluír no documento unha exposición polo miúdo do estado de conservación dos bens, unha diagnose sobre as intervencións necesarias para a súa conservación e posta en valor, e unha determinación daqueles elementos que deban ser obxecto de retirada forzosa por ser incompatibles coa posta en valor.
Pedimos compromiso co futuro do patrimonio da Ribeira Sacra.
3. Alegacións referidas á falta de protección sobre o que no expediente se chama zona de amortecemento e exoámbitos. Mentres
se focaliza sobre os viticultores da zona e a súa actividade todo o
control déixase a porta aberta a actividades como a mineira, a
siderúrxica, a enerxética para que poidan facer o que queiran. Consideramos necesario que se estableza un réxime específico de protección fronte aos posibles efectos prexudiciais sobre a paisaxe cultural de obras de gran impacto como son as derivadas da intesnsa explotación da que é obxecto este territorio para a produción de enerxía eléctrica.
Pedimos que se deixen de privilexiar as actividades máis prexudiciais para a candidatura mentres se descarga nos viticultores todo o peso da candidatura.
4. Alegacións á delimitación das diferentes áreas. Pedimos que no trazado do mapa ademais de criterios físicos que atenden a niveis de pendente tamén entren en discusión outro tipo de criteriors culturais como é o da existencia da Parroquia como unidade básica na configuración do rural galego.
Do mesmo xeito pedimos que non se faga unha deliberada exclusión dos núcleos de poboación porque na UNESCO non son cegos e vanse decatar de que a Dirección Xeral o que quere é conseguir a marca sen ter que intervir sobre os efectos dun urbanismo sen control.
Pedimos seriedade na elaboración do mapa. Criterios claros e definidos e cero arbitrariedades.
5. Alegacións para mellorar o investimento público na zona. A Ribeira Sacra, como case todo o territorio do rural galego está falto de investimentos. Pedimos que se destinen fondos á súa conservación provenientes das actividades desenvolvidas polas empresas enerxéticas que teñen a súa base na zona.
6. Alegacións para acadar unha visión conxunta. Da candidatura actual pódese deducir unha visión de "vista fixa" acadada dende os miradores da Ribeira. Pedimos que se traballe para conseguir unha visión máis orgánica e integradora na que os roteiros que a percorren sexan tamén protagonistas.
7. Alegacións sobre os erros publicados. O texto publicado no DOGA está cheo de erros, froito dunha redacción precipitada. Son erros de vulto, nos que se confunden topónimos, se inventan outros e se describen edificios que nada teñen que ver co que verdadeiramente hai. Que as asociacións e veciños teñamos que estar facendo ese traballo é un abuso.
8. Facemos constar o noso desacordo co proceso. Que non se creu nun proxecto participativo no que as asociacións e a veciñanza tivesemos voz xa antes da súa redacción é cousa sabida. Pero mesmo no proceso de alegacións creáronse todas as dificultades posibles para a súa consulta. En contreto, O Sorriso de Daniel, personouse en Patrimonio en Ourense para consultar o expediente completo e só nos amosaron os planos, e pedindo por escrito á Dirección Xeral que se colgase o expediente completo na web díxosenos que todo o que había era o que xa estaba na rede. Tantas advertencias sobre que non podíamos facer público o desacordo sobre o texto do DOGA en realidade agochaban que tampouco había espazo para o debate a porta pechada.
Pedimos que non se xogue ás agachadas coa candidatura.
Oxalá se presentasen moitas alegacións, oxalá se teñan en conta e oxalá melloremos entre todos esta candidatura.
Queres consultar as alegacións? Para ver as alegacións completas pulsar aquí
O Sorriso de Daniel. Románico Galego
osorrisodedaniel@gmail.com
terça-feira, 3 de abril de 2018
quarta-feira, 28 de fevereiro de 2018
Crónica da Xeira do románico -e non tan románico- da ourensanía
25.02.2018
Comezaba a sesión en Ourense, de mañá, con frío pero acompañadxs dun xeneroso sol agarimando os sorrisos. Reuniámonos na porta de entrada ao Centro Cultural Marcos Valcárcel, mentres chegaban uns e outras e Ana poñía orde ao numeroso grupo. Jesús Manuel García foi o noso guía e dirixiunos primeiro á igrexa de Santa María Nai, unha das tres sedes da exposición In tempore sueborum

Podemos ver
as modas do peiteado suevo, esa trenza característica xa mencionada nos
escritos de Tácito.

Especialmente rechamantes son as pezas de xoiería, a meirande chegadas de máis aló das nosas fronteiras. Jesús Manuel confesounos o montante que supón en seguros e transportes gozar delas nesta exposición.
Jesús Manuel, a carón desta peza de Tui, contounos a orixe do uso da estola no hábito do crego e cuxa pegada están
nestas laudas chamadas, claro está, de estola.

Comezaba a sesión en Ourense, de mañá, con frío pero acompañadxs dun xeneroso sol agarimando os sorrisos. Reuniámonos na porta de entrada ao Centro Cultural Marcos Valcárcel, mentres chegaban uns e outras e Ana poñía orde ao numeroso grupo. Jesús Manuel García foi o noso guía e dirixiunos primeiro á igrexa de Santa María Nai, unha das tres sedes da exposición In tempore sueborum
A pesar de
sermos moitxs na visita, pola concorrencia de dous grupos numerosos, o guía
ofreceu en todo momento interesantes e didácticas explicacións. Recordamos como
nos animaba a ler concilios. A priori parece complicado pero agora sabemos
que pode ser unha lectura accesible e repleta de datos como a orixe do nome dos días (segunda-feira, terceira-feira, versus luns,
martes,), as desviacións na vida relixiosa dos cregos, as herexías etc.
En Santa
María, a exposición reúne pezas fundamentalmente de toda a Gallaecia, co eido
central da cristianización do noso territorio. Tras pasar xunto á réplica do
Crismón de Quiroga, coñeceremos a Victorinus pola súa estela, un dos
primeiros exemplos coa expresión “In Pace”. Particularmente
curioso estar diante do capitel de
Braga que debería ser observado tantas veces por San Martiño de Dumio.
Lápidas, aras, estelas, figuras de orantes, cancelas, decoracións
suevas de máis aló (Villa del Prado, Valladolid), obxectos litúrxicos, falan
destes primeiros tempos do cristianismo e contextualízanse con paneis
explicativos.
Deunos moita
alegría saber que próximamente se van desenvolver traballos arqueolóxicos nesta igrexa de
Santa María a prol de investigar os vestixios agochados no subsolo do século VI.
Pasamos ao
edificio Marcos Valcárcel para a segunda parte. Imos deconstruír aos pobos
bárbaros. A exposición non só atinxe aos suevos se non que amplía a
mirada cara aos outros grupos que ingresaron en territorio romano. Destacable a
puntualización do noso guía sobre se falamos de migracións ou son invasións.
Todo depende de quen che conte o conto.
Por exemplo,
este busto para a tradición romana representa a un bruto.
Especialmente rechamantes son as pezas de xoiería, a meirande chegadas de máis aló das nosas fronteiras. Jesús Manuel confesounos o montante que supón en seguros e transportes gozar delas nesta exposición.
Xogamos ás adiviñanzas cunha peza cónica. Lembrades que era? E non, non tiña
que ver co queixo.
Na expo sácanlle as cores a Hollywood e ao seu Gladiator, pero tamén revisan a
historiografía tradicional, como a de Benito Vicetto.
Non puidemos
ver a exposición completa, faltounos a terceira parte no Museo municipal, porén, o guía dedicoulle un momento á súa descrición. Antes de despedirnos, o departamento de comunicación da exposición
fíxonos a foto de grupo.

E así pasamos largo das 14.00h e marchamos a comer. Un bo
momento para descansar, repoñerse e comentar o visto e oído na mañá, que non
foi pouco.

Ás 16.30, organizados
en menos coches, dirixímonos á Santa Cruz de Arrabaldo. Un privilexio poder
contemplar este templo que está en perfecto estado e que agora é propiedade
privada.
Ana será a nosa
guía nesta sesión da tarde. Aprendeunos a simboloxía do espazo, insistiunos nos
tres preceptos clave do románico, claridade, proporción e harmonía, e deu
detalle dos datos necesarios para identificar estas igrexas románicas.

Sen présa
pero sen pausa, ás 18h xa estabamos en Santa María de Feá en Toén. Igrexa priorato que se presenta co emblema dos Puga na fachada occidental.
O sol seguía
do noso lado e permitiunos apreciar con máis detalle a tica decoración de canzorros
e metopas do seu lado sur.

A nosa foto de familia da xeira.
Tempo de prórroga: o párroco convidounos a visitar a próxima igrexa de Santa María de Astariz. A
viaxe xa foi espectacular, percorrendo unha curvilínea estrada entre viñas do
Ribeiro da zona do Miño.
A igrexa
encerra dous retablos barrocos do século XVIII. O do muro norte expón o martirio de San Sebastián e o do lado sur é unha magnífica escena do Xuízo Final,
ámbolos dous plenos de detalles e riqueza dourada en todo o seu
esplendor tras ser restaurados recentemente.
E estxs amantes do románico remataron cun sorriso barroco esta intensa xornada pola ourensanía. Agradecendo a vosa compañía, agardamos vervos para a seguinte.
Texto: Pilar
Sánchez
Fotos: O Sorriso de Daniel e
Pilar Sánchez
Publicada por
osorrisodedaniel@gmail.com O Sorriso de Daniel. Patrimonio Románico
à(s)
14:01
Sem comentários:

Etiquetas:
Astariz,
in tempore sueborum,
Ourense,
Románico,
Santa Cruz de Arrabaldo,
Santa María de Feá,
Xeira
domingo, 11 de fevereiro de 2018
Xeira do románico -e non tan románico- da ourensanía
O domingo 25 de febreiro imos facer unha xeira verdadeiramente singular.
Pola mañá ás 11.15h quedamos diante do Centro Marcos Valcárcel (Rúa Progreso 30 de Ourense) para visitar a exposición In tempore suevorum.
Para saber máis desta exposición pódese ver información nesta páxina:
http://www.intemporesueborum.es/gl/
Logo xantaremos nun restaurante da cidade. E pola tarde teremos a oportunidade de visitar a que foi igrexa parroquial de Santa Cruz de Arrabaldo. Unha igrexa que foi vendida pola diócese para construir unha nova máis grande e que hoxe forma parte dun conxunto residencial privado. Por sorte os seus actuais propietarios, sabedores da nosa paixón románica, accederon a abrirnos as portas da súa casa para que dun xeito totalmente insólito poidamos visitala. Só por este motivo xa merece a pena non quedar na casa. Todo era dar co camiño e nós demos!
E xa para rematar o día farémolo moi perto de alí aos pés da igrexa parroquial de Santa María Feá en Toén
Sabemos que a proposta é tentadora e que posiblemente se esgoten as prazas por iso canto antes fai a túa reserva enviando un correo a:
osorrisodedaniel@gmail.com
Asunto: reserva praza xeira ourense
Datos: Nome e apelidos de todos os asistentes que queiras inscribir e teléfono de contacto.
Importante dicir no correo se de segundo prato se quere carne ou peixe e avisar das posibles intolerancias alimentarias.
Prezo por persoa: 25euros a pagar in situ. O prezo inclúe entradas e guía das diferentes visitas así como o xantar. Non inclúe o traslado ata Ourense nin entre a cidade e as diferentes igrexas.
Límite para anotarse: cando se esgoten as prazas ou antes do 21 de febreiro.
Se non tendes coche ou queredes compartilo con outras persoas engadide tamén esta información no correo.
Que apostamos a que non vos acordades de anotarvos seguindo todas estas instrucións?

Que ben o imos pasar! esta xeira vai ser histórica!
sexta-feira, 22 de dezembro de 2017
O calendario románico 2018 fainos sorrir
Un calendario é cousa de moita utilidade. Todo o mundo ten un na súa casa. Pero que ventaxas ten o calendario románico de O Sorriso de Daniel?
Coñecedes outro calendario onde ver a festividade dos santos e mártires galegos?
Coñecedes outro calendario onde mirar cando cae este ano a Ofrenda do Antigo Reino de Galiza?
Coñecedes outro calendario onde saber cando son as Pascuiñas da Fraqueira?
Coñecedes outro calendario onde informarse de cando se conmemoran as Dedicacións das catedrais Galegas?
Coñecedes outro calendario onde xunto a cada foto figuren as coordenadas, os nomes dos lugares da parroquia e un texto dun autor coñecido sobre esa igrexa?
E sobre todo coñecedes outro calendario que teña unhas fotazas como estas que fai Sole Felloza?
Quedar sen el polos 6 euros que custa é unha mágoa!
En Vigo:
- Andel Librería, na rúa Camelias 102
- Lafer Librería Papelería, na rúa Urzáiz 184, local 4 (Galerías Calvario)
- Librería Libro's, na rúa San Salvador 2
- Librería Cartabón, na rúa Urzáiz 125
- Versus Librería, na rúa Venezuela 80
- Librouro Librería, na rúa Eduardo Iglesias 12
Na Coruña:
-Librería Lume. Fernando Macías 3
-Librería Arenas. Cantón Pequeno 25
-Librería Berbiriana. Santiago 7
En Santiago de Compostela
En Santiago de Compostela:
-Libraría Couceiro. Praza de Cervantes 6
-Kiosko Ártico. Rúa do Vilar 49
-Xabronería Maravalla. Rúa das Orfas 24
En Lugo:
-Librería La Voz de la Verdad. Bispo Aguirre 17.
-Librería Trama. Avda da Coruña 21
-Librería Biblos. Salvador de Madariaga 1.
En Ourense:
-Librería Platero. Ramón Cabanillas 11
-Librería Kathedra. Valle Inclán 14
-Queixumes. Dr. Fleming 16
-Librería Padre Feijoo. Padre Feijoo 4
En Monforte de Lemos:
-Librería Agrasar
-Centro do Viño
En San Clodio de Ribas de Sil:
-Bar Central
En Chantada:
-Na librería Central
En Sober:
Na oficina de Turismo.
E se chegades e están esgotados avisádenos que os repoñemos!
E se vivo fóra de Galicia? pois escríbenos un mail a osorrisodedaniel@gmail.com e enviámoscho que somos moi riquiños!

Onde o podedes mercar?

Subscrever:
Mensagens (Atom)